17/5/24
Letras Galegas 2024
8/3/24
8M, entrevista a Nuria Lestegás na Radiocovas
13/2/24
Día Mundial da Radio na Radiocovas
Os nenos e nenas do 1º ciclo de Educación Primaria realizaron un programa especial sobre o Antigo Exipto no contexto lingüístico para conmemorar o Día Mundial da Radio.
PREME NA IMAXE E ESCOITA ...
31/10/23
A Radiocovas en outono
O alumnado de 5º de Educación primaria elaborou un programa con ditos adiviñas, refráns e proverbios do outono logo de investigar no contexto linguístico.
PREME NA IMAXE E ESCOITA ...
2/10/23
Radiocovas inaugura o curso 23-24
Logo de facer unha formación con Ponte Nas Ondas, o alumnado de 5º de Educación estrea tempada coa colaboración de Damián que tanto nos ensinou.
PREME PARA ESCOITAR O PROGRAMA ...
15/9/23
Formación da Radiocovas con Ponte nas Ondas
Inauguramos o curso coa formación de Ponte nas ondas para o alumnado de 5º de Educación Primaria.
PREME NA IMAXE
2/5/23
Día Internacional contra o Acoso Escolar
Hoxe celebramos o Día Internacional contra o Acoso Escolar e desde Radio Covas quixemos entrevistar a Andrea Bechlian, psicóloga especialista en psicoloxía educativa, asesoramento familiar, disciplina positiva e educación emocional.
Aquí vos deixamos o resultado!!!!!
16/5/20
DÍA DAS LETRAS GALEGAS:PROGRAMA DENDE O CONFINAMENTO- A VIAXE DO PRINCIPIÑO
ESTA VIAXE VAI ADICADA AOS NENOS E NENAS DO COLE!
20/1/20
NOVO PROGRAMA DE RADIOCOVAS SOBRE O NADAL
Os alumnos e alumnas de 6º traballaron este tema e fixeron un programa especial no que pediron axuda aos AVÓS E AVOAS para facerlles unha ENTREVISTA sobre COMO CELEBRÁBADES O NADAL CANDO ERADES PEQUENOS COMA NÓS?.
Ademais tivemos o enorme pracer de recibir a varios avós/avoas na nosa biblioteca e facer as entrevistas en DIRECTO.
Pero o traballo non rematou aí, o alumnado de 6º dividido en equipos fixeron unha presentación da celebración e comidas de Nadal en diferentes países (Xapón, Brasil, Italia, Estados Unidos, China e Rusia).
Mirade as fotos do evento e en pouco tempo teremos o podcast e os videos.
Moitas grazas aos avós/as de: Ariadna, Ana e María.
Tamén agradecemos a colaboración a través de entrevista gravada as avoas de Aldara e Marina.
OS AVÓS/AS EN RADIOCOVAS from Radio Covas on Vimeo.
1/7/19
PRESENTACIÓN DE RADIOCOVAS, A EMISORA DE RADIO DO COLE
Os nenos e nenas de 5º fixeron o programa que se gravou en directo na biblioteca ante un público formado por todo o alumnado e profesorado do colexio.
O programa tiña como obxectivo a presentación oficial da emisora de radio.
Queriamos que fora un día moi especial e decidimos facer un programa en directo con entrevistas, presentacións, recitado de poemas, cancións... e algunha que outra sorpresa como o visionado dun video con tomas falsas das gravacións dos diferentes programas de radio.
Montamos a emisora no medio da biblioteca con dúas mesas, mesa de mezclas, ordenador, micrófonos, auriculares, megafonía e un micrófono de pé para os "invitados ao programa".
Hugo de 6º deseñou o logo de RADIOCOVAS, Jonatan falou dos últimos días no cole dos nenos e nenas de 6º, Uxía Pena explicou en que consisten os Patios Dinámicos, falaron do proxecto LÓVA, María de 5 anos recitou o poema "Parece unha rosa" de Rosalía de Castro e todos xuntos cantamos "Catro vellos mariñeiros" canción emblemática do noso pobo, Viveiro.
RadioCovas (parte I) from bibliocovas on Vimeo.
RadioCovas (parte II) from Radio Covas on Vimeo.

























