Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca. Mostrar todas las entradas

21/4/21

CREAcción -DÍA MUNDIAL DO LIBRO E OS DEREITOS DE AUTOR

 Hoxe 23 de abril é o Día do Libro!!!

Os nenos e nenas de 6º de primaria tíñanlle preparada unha sorpresa a Lolo, a nosa mascota da biblioteca.

Xa sabedes que eles son Diamante Compañía de Ópera, a primeira compañía que tivo o noso cole dentro do proxecto LÓVA.

 E que mellor agasallo lle podían facer a Lolo? Pois unha canción adicada a el.

Así que os nosos grandes compositores puxéronse mans á obra, crearon a melodía e elixiron os instrumentos para acompañala na súa interpretación.

Pódese escoitar os sons de Lolo no seu traballo e incluso algúns gorgorexos  que gosta facer mentas le.

Parabéns Lolo, desexamos que a disfrutes!!!



 

Como lle gustou a Lolo a canción!

Pasa o día bailando!!!

25/10/20

A VISITA DE LOLO O DÍA DA BIBLIOTECA

Lolo, a nosa mascota visitou as clases de Infantil e Primaria para celebrar o Día da Biblioteca. Foi toda unha sorpresa para os nenos e nenas que miraban con asombro á mascota sobre todo os pequeniños de 3 anos.
 Lolo agasallounos cun libro para a Hora da ler e marcapáxinas para cada nen@.
 Levaba unha bonita máscara de lunares cumplindo as normas sanitarias.


 

12/10/20

AS MOCHILAS VIAXEIRAS ESTÁN XA NAS CASAS DOS ALUMN@S

 

 

Por fin podemos retomar algunha actividade da biblioteca e as MOCHILAS VIAXEIRAS sairón cara ás vosas casas.


queridas familias20-21.pdf by María Rolle

  Estamos organizando a biblioteca para cumplir o protocolo: señalizacións, retirada de elementos de mobiliario, reorganización das zonas, colocación dos materiais nos andeis, organizando os empréstitos dos libros...

Todo esto leva moito tempo e esperamos poder traballar nela a partir do 

DÍA DA BIBLIOTECA.

Este día estamos organizando unha actividade por grupos que esperamos vos guste.

Lolo está desexando vervos a tod@s e saudarvos despois de tanto tempo.

Estas son as fotos dos nenos e nenas que levaron a mochila esta semana.

 

Xoel de 5º de infantil

 

Marina de 6º de infantil

 

 

Iker de 2º de primaria

 

Gabriel de 3º de primaria



Hugo de 6º de primaria
Hugo de 6º de primaria





Solicitude da mochila viaxeira:


Queridas familias de María Rolle

18/6/20

ORLA DO XII EQUIPO DE COLABORADOR@S DA BIBLIOTECA 2019-2020


Esta é a orla do EQUIPO DE COLABORADOR@S DA BIBLIOTECA deste curso.
GRAZAS CHICXS POLA VOSA COLABORACIÓN E IMPLICACIÓN NA BIBLIOTECA!

16/6/20

XII EQUIPO DE COLABORADOR@S DA BIBLIOTECA NO CURSO 2019-2020



Este video vai adicado ao Equipo de nenos e nenas de 5º e 6º que colaboraron na biblioteca durante este curso tan atípico.
Aínda que a despedida debería ser doutra maneira, este video é unha pequena homenaxe a este Equipo que ven sendo fundamental no funcionamento da biblioteca.


GRAZAS CHIC@S!
 MOITA SORTE AOS NENOS E NENAS DE 6º QUE DEIXAN O COLEXIO PARA EMBARCARSE EN NOVAS AVENTURAS!



16/4/20

SARA, UNHA BOOKTUBER DE 3º

sara from MisisRoller on Vimeo.


Estas son as recomendacións de Sara, unha nena de 3º de primaria e como non se decide por un libro só, ela vainos falar de dous que son os seus preferidos.

GRAZAS SARA! Fixéchelo tan ben que seguro que aos demais nenos e nenas tamén lles van gustar!

15/4/20

A GEMMA GÚSTALLE... COCORICO

 A Gemma de 4º de infantil gústalle moito ler, e un dos seus libros favoritos é COCORICO.
E para recomendarllo a todos os nenos e nenas mándanos esta foto tan bonita.
GRAZAS GEMMA! LE MOITO E CUÍDATE!

Un segredo... Cocorico tamén é o meu libro favorito.

IRENE FERNÁNDEZ XA É UNHA BOOKTUBER!

Esta é Irene Fernández de 5º de primaria. Ela recomenda Alicia en el País de las Maravillas, un clásico.
Grazas Irene!
Cuídate moito e ... le!

26/3/20

CONCURSO DE MASCOTA DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE VIVEIRO

A Biblioteca Municipal de Viveiro convoca un concurso para elexir a mascota da biblioteca.

1-O concurso vai dirixido aos nenos de primaria (6 a 12 anos) dos colexios do concello.

2-O debuxo debe ser orixinal e que non se presentara a ningún outro concurso.
Realizarase nun folio DIN-4,  na técnica que queira, pero sempre que poida reproducirse. Os debuxos non se realizarán con ordenador.

3-O tema da mascota serán a lectura, os libros e a biblioteca.

4- Os debuxos enviaranse ao correo electrónico da Biblioteca de Viveiro: biblioteca.viveiro@viveiro.es

5-Nese correo deben figurar os seguintes datos do participante:
  • Nome e apelidos
  • Idade
  • Enderezo
  • Teléfono
  • Nome do seu centro de ensino
6-Só poderá presentarse un debuxo por participante.

7- O prazo remata o 13 de abril de 2020.

8- Estas bases publicaranse na web do concello e no tablón de anuncios da sede electrónica do concello.

9-Valorarase a orixinalidade e a calidade dos debuxos.

10-Establécese un único premio dun lote de libros para o debuxo que resulte gañador, que será entregado en acto público.







9/2/20

COIDAMOS DE NÓS E DO NOSO PLANETA DENDE A BIBLIOTECA

Este é o título do Proxecto Documental Integrado que estamos a desenvolver dende a biblioteca en colaboración con todos os Equipos de Dinamización do centro, asociacións, concello, familias…
Os obxectivos que queremos acadar son:
 • Concienciarnos da importancia de coidar do noso planeta.
 • Aprender a reciclar, reutilizar e reducir.
 • Emprender accións contra o cambio climático.
• Implicarnos no coidado do mar.
 • Movilizarnos contra o plástico.
• Promover hábitos de vida saudable a través da comida e o exercicio físico.
 • Aprender a ser críticos coa comida que se compra.
• Interpretar as etiquetas dos alimentos.
• Distinguir A comida lixo e os alimentos procesados.
• Coñecer as tendas do noso barrio e os mercados dos pobos.
 • Implicarnos na elaboración de pratos saudables dentro da familia e no colexio.

3/12/19

FORMACIÓN DE USUARIOS DA BIBLIOTECA- INFANTIL 5 ANOS

Seguimos coas actividades de FORMACIÓN DE USUARIOS DA BIBLIOTECA.
Esta vez tocoulles aos nenos e nenas de Infantil 5 anos. Un grupo de alumnos/as de 6º  do Equipo de  Colaborador@s da Biblioteca realizaron unha serie de actividades:
-Con tarxetas (vermella e verde) os nenos e nenas levantaban a tarxeta segundo a pregunta fora correcta ou incorrecta. Ademais os nenos/as explicaban o motivo polo que era ou non correcta.
-O emprego do LIBROCALIZADOR.
-As diferentes zonas da biblioteca: tiñan que dicir que libros eran os axeitados para eles segundo o gomet que levaban no lombo.
Como o fixeron tan ben, foron agasallados cun MARCAPÁXINAS para a Hora de ler.

 













17/11/19

FORMACIÓN DE USUARIOS- INFANTIL 4 ANOS E 1º DE PRIMARIA



O Equipo de Colaborador@s da Biblioteca está a realizar actividades de Formación de usuarios para o alumnado de infantil.
Comezamos polos nenos e nenas de 4 anos que, na hora de ler, foron á biblioteca e os nenos e nenas de 6º ensiñáronlles as normas da biblioteca por medio do xogo das tarxetas. Despois empregaron o LIBROCALIZADOR e por último aprenderon a diferenciar os libros según a cor do gomet que levan no lombo.
Marta, levounos á biblioteca para facer actividades de busca de libros, emprego do librocalizador...


14/10/19

DÍA DAS ESCRITORAS


O día das escritoras é unha conmemoración promovida pola Biblioteca Nacional de España xunto á  Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das autoras a través da historia a partir da lectura de fragmentos representativos das súas obras.

Esta celebración lévase a cabo o luns máis próximo á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A IV edición celébrase este ano 2019 o 14 de outubro baixo o lema “Mulleres, amor e liberdade”. O amor entendido desde a perspectiva das mulleres: “un territorio amplo, complexo, contradictorio, laberíntico, atravesado por luces e sombras, grandes paixóns, mais tamén as coitas”, como explica Clara Sanchís, comisaria desta convocatoria.


Desde as bibliotecas escolares propomos que se visibilice a obra das escritoras galegas, ben a través dunha exposición de libros, ben lendo fragmentos dos mesmos nunha maratón literaria ou mesmo nos clubs de lectura.


 
 
Begoña Caamaño: Morgana en Esmelle
"Na comunide druídica achou a nena a vida que desexaba […] destacou pola súa intelixencia e sagacidade e polo seu amor e dedicación ao estudo".

A Asesoría de Bibliotecas Escolares anima a que toda a comunidade educativa colabore na ampliación desta lista, e con este fin lánzase unha proposta en Twitter: lembrar a todas as escritoras galegas que traballen estas temáticas nas súas obras. Para iso usaranse os cancelos #DíadasEscritorasgalegas #DíadelasEscritoras e #bescolaresgal para darlles visibilidade.

 
RECOMPILACIÓN DE FRAGMENTOS DE ESCRITORAS GALEGAS

13/2/19

HOXE É O DÍA MUNDIAL DA RADIO

Hoxe día 13 de febreiro celebramos o DÍA MUNDIAL DA RADIO.
Dende a páxina de Ponte nas ondas Escolas nas ondas) podemos ver e escoitar todos os podcasts enviados polos diferentes centros educativos.

 


Poderás escoitar o Programa sobre os Dereitos Humanos que gravaron os nenos e nenas de 5º.

12/10/18

AS MOCHILAS XA ESTÁN NAS VOSAS CASAS

Xa saíron as Mochilas Viaxeiras para a casa de Iago, María, Sara, David e José Luis. Foron buscalas á biblioteca e fixemos estas fotos con elas, todos intrigados polo contido das mochilas. Esperamos que vos gusten todos os materiais que incluimos nelas.
Disfrutade coa lectura en familia!



 

9/5/18

BUSCANDO A CERVANTES POR 5º DE PRIMARIA


buscando a Cervantes 5º

Seguindo coa busca do tesouro "Buscando a Cervantes" tocoulles o turno aos nenos e nenas de 5º de primaria.
Coas mismas pistas que tiveron en 6º, trataron de resolver todas as preguntas relacionadas coa biografía de Cervantes, coa formación de usuarios da biblioteca e busca e tratamento da información dixital.
Fixéronno moi ben e desfrutaron dunha actividade diferente na biblioteca.

SEMANA DA LECTURA "NÓS SOMOS OS CONTACONTOS"

Semana da lectura "Nós somos os contacontos" 2018

Para celebrar o mes dos libros, todos os nenos e nenas foron "contacontos" e dramatizaron, contaron, leron... contos ou obras de teatro aos compañeir@s.
Empregaron o Kamishibai os nenos/as de 2º e 5º con marabillosos debuxos.
Os nenos e nenas de 1º empregaron máscaras e o resultado foi un éxito. Tamén os de 4º decidiron facer obras de teatro que fixeron estupendamente.  Os de  5 anos contaron unha historia empregando monicreques de cartulina.
Tamén houbo lectura de poemas, lectura de historias...
Durante unha semana na hora de ler polos corredores do colexio unha morea de nenos e nenas que ían para as clases dos compañeir@s ou para a biblioteca con nervios que lles supón actuar para un público tan esixente pero tan agradecido como son os demais nenos e nenas do cole.

18/2/18

ENIGMAS 2 E 3

Publicamos a lista de acertantes dos enigmas 2 e 3.
 Lembramos cales eran.
A solución era:  
O coche está aparcado no número 87.

















21/1/18

APRENDER A PENSAR NA BIBLIOTECA DE COVAS

APRENDER A PENSAR NA BIBLIOTECA ESCOLAR


Este é o título do proxecto monográfico que imos levar a cabo durante o segundo e terceiro trimestre dende a biblioteca.
 Este proxecto está adicado á filosofía e o proceso de aprendizaxe e como obxectivo fundamental queremos "fomentar a curiosidade dos nenos/as sobre o proceso do pensamento e a actitude crítica así como ensinar aos nenos e nenas a pensar".
Obxectivos
-Motivar aos nenos e nenas cara ao proceso da mente, como desenvolver a intelixencia.
- Buscar información na rede sobre os pensadores/filósofos máis relevantes e os campos nos que desenvolveron as súas investigacións.
- Fomentar a curiosidade e a creatividade.
- Empregar a bibliografía sobre o tema, especialmente libros informativos, xogos de pensar, xogos de mesa, a internet.
- Traballar en equipo.
- Buscar a colaboración das familias para actividades relacionadas co tema.