Mostrando entradas con la etiqueta ciencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ciencia. Mostrar todas las entradas

10/2/21

11 FEBREIRO- DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 Queremos homenaxear a todas as Mulleres científicas e as Nenas que queren ser científicas no futuro.

 

Gustaríanos que veras este video da campaña #NoMoreMatildas da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas para denunciar o Efecto Matilda e recoñecer os logros das mulleres científicas. 

Logros que  foron atribuìdos aos colegas masculinos. 

 

 Este é o video que fixeron as nenas de 6º de primaria do cole contándonos a loita das mulleres para poder exercer  o seu traballo en tempos nos que facer unha carreira científica era un reto.

Esperamos que vos guste! 



Imos compartir con vós este xogo sobre mulleres científicas.

Grazas a Reyes de la Nava.

 
Para axudarche un pouco, aquí tes información delas:
                 



Mary Agnes Chase
Katherine Jonhson
Ada Lovelace
Rachel Carson
Rosalind  Franklin

Jane Goodall



Lynn Margulis

10/2/20

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

No ano 2015, a ONU estableceu un Día Internacional para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía, a través da Resolución A/RES/70/212. A finalidade é lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas.
Lembrar que a ciencia e a igualdade de xénero son vitais para alcanzar os ODS,  incluidos na Axenda 2030, nos que moitas das nosas bibliotecas escolares están a traballar.
Esta é unha data que cada ano se traballa máis nas bibliotecas cara a paliar a brecha de xénero nos sectores STEAM. Visitas de científicas, seleccións de lecturas, traballos de investigación e experimentación ... son algunhas das actividades que ocupan os espazos científicos, creativos, manipulativos e colaborativos das mesmas.
Máis información:
 
Actividades nas bibliotecas escolares galegas:

30/11/19

PRESENTACIÓN DAS ACTIVIDADES DA SEMANA STEM

O alumnado de 5º de primaria que participou na SEMANA STEM, fixeron unha presentación das actividades que levaron a cabo durante a súa estancia nos Peares. Presentaron os catro obradoiros:
 -PEGADA ECOLÓXICA
-MICRO-BITS
 -ROBÓTICA
-MAKEYMAKEY
Os compañeiros do cole dende primeiro ata 6º presenciaron con moito interese as explicacións dos nenos e nenas. Ademais realizaron un experimento en directo da contaminación das fábricas versus a contaminación dos seres vivos. BRAVO CHICOS/AS!












3/11/19

OS NENOS E NENAS DE 5º DE E.P. NA SEMANA STEM


16 nenos e nenas de 5º de primaria participaron na semana STEM (CIENCIA, TECNOLOXÍA, INXENIERÍA E MATEMÁTICAS) que tivo lugar en Os Peares (Ourense).
"O obxectivo é ampliar os coñecementos científico-tecnolóxicos a través de estadías dunha semana de duración en réxime de internado durante os meses de outubro, novembro e decembro deste ano".
A Semana STEM forma parte do conxunto de accións da Estratexia para a educación dixital (Edudixital 2020) da Xunta. "O obxectivo é fomentar o espírito científico e tecnolóxico entre o alumnado galego, coñecementos necesarios para dar resposta aos desafíos profesionais do futuro".
Os alumnos/as aprenderon robótica, programación, ciencia, ecoloxía, efecto invernadoiro... ademais de disfrutar dun entorno fascinante e das termas de Outariz en Ourense.
Ademais das experiencias vividas con compañeiros doutros colexios, do traballo cooperativo e dos novos amigos/as.









17/5/17

XA ESTÁ AQUÍ "O CHARLATÁN DE COVAS" 2017

Para conmemorar as Letras Galegas publicamos o último número do xornal do cole "O Charlatán de Covas". O xornal está adicado a CARLOS CASARES  e o tema da portada está relacionado có proxecto monográfico da biblioteca "Ciencia e lectura. Eu quero saber".

6/4/17

DAVID ESTEBANEZ, O NOSO PEQUENO INVENTOR

Temos un inventor de naves espaciais no colexio. Chámase David e está en 3º de primaria. Gústalle a ciencia e gravou este video  explicando  o proceso de creación e montaxe dunha nave espacial que voa.
Un fantástico video-titorial e un gran traballo feito por David con materiais sinxelos.
No video lémbranos que para empregar determinadas ferramentas temos que pedir axuda a un adulto.

GRAZAS A DAVID E A SÚA FAMILIA POR ESTE GRAN TRABALLO!

david_nave_espacial

20/3/17

ROSALÍA, CIENTÍFICA DA LINGUA

Para conmemorar o Día de Rosalía e traballando sobre o noso proxecto da ciencia, decidimos elaborar unha LIÑA DO TEMPO SOBRE DESCUBRIMENTOS/INVENTOS na época de Rosalía.
Cada clase escolleu un invento/descubrimento e tivo que investigar para elaborar un poster coa descrición do invento/descubrimento e inventor/descubridor.
Así aprenderon nomes de inventores/as e científicos/as e unha morea de datos sobre o teléfono, bombilla, Marie Curie, o submarino...
Unha vez realizados os traballos, expuxémolos nun mural para que toda a comunidade educativa poda disfrutar dos traballos que facemos no colexio.

4/3/17

UN ENTROIDO CIENTÍFICO

Este ano tivemos un Entroido científico e seguimos as instrucións do Meco ao pé da letra. O venres fixemos un gran desfile de científicos locos, inventores, médicos e enfermeiras, calculadoras, robots, sistema periódico, fórmulas químicas, glóbulos vermellos, blancos, astronautas e ata virus.
Asistiron as familias para ver o desfile e tamén  varios residentes de Geriatros que degustaron con nós as lambetadas e cantaron unha canción sobre o  Entroido en Viveiro.
Para celebrar o Día de Rosalía estamos a traballar unha liña do tempo e decoramos as caretas de Rosalía.



entroido17-1 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

23/2/17

MARES DE CULTURA- VISITA Á GRANXA DE CORAIS DE VIVEIRO

Que maneira máis divertida de comezar co monográfico da biblioteca sobre a ciencia!


A campaña escolar “Mares de Cultura, os Nenos e o Mar” é un programa que ten como obxectivo   sensibilizar e divulgar os valores e  recursos do mar, a través dun completo programa durante todo o calendario escolar 2016-2017.
Nesta edición, a campaña pretende ser un referente de divulgación, consolidándose como complemento educativo dentro do programa de actividades escolares dos centros participantes. Como nas anteriores edicións, o principal obxectivo é achegar ás novas xeracións, escolares de primaria e secundaria, ó entorno litoral de A Mariña-Ortegal, para descubrir in-situ a cultura mariñeira, os recursos naturais e as artes e tradicións pesqueiras relacionadas coa pesca artesanal. Persegue ademáis, provocar na poboación escolar un cambio de perspectiva cara o respeto do medio mariño e uns hábitos de consumo responsable dos produtos do mar. Ao mesmo tempo, a través desta campaña, póñense en valor as actividades económicas do sector do mar dunha forma sustentable.
Cada centro poderá participar nas diferentes actividades da campaña:

- Charla Divulgativa e material didáctico: Cada centro participante recibirá unha charla divulgativa na aula sobre o contido da campaña e a posta en valor dos recursos costeiros e a cultura mariñeira da man dun biólogo mariño. Recibirán tamén o material didáctico que sirve como reforzo educativo e complemento didáctico da xornada de actividades.
  • Xornada de excursións e actividades:.Despois de recibir a charla no propio centro educativo a cargo de Carlos Gil, biólogo mariño a bordo desta expedición, visitaron a granxa de Coral Reef Water en Viveiro,
  • Fumos de visita á Granxa de corais "Coral Reef Water  Farm" en Viveiro. Un centro punteiro a nivel europeo na cría e investigación dos corais. 
Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º seguiron moi atentos as explicacións de Vanesa sobre os corais, que son, que función teñen para a vida marina na formación de arrecifes, a fauna que habita nos arrecifes de coral...
Vimos diferentes tipos de corais que prantan na granxa e especies marinas viven con eles, por exemplo o peixe paiaso, os pepinos de mar, os peixes ciruxanos... e a función que teñen dentro do ecosistema.
As preguntas dos nenos e nenas foron moitas e moi interesantes.
Os corais son importados dende Australia, Indonesia e o Caribe, polo que necesitan unhas condicións de temperatura, salinidade de auga, luz... moi especiais para que os corais medren.



20/2/17

CIENCIA NO COLEXIO

Así está o colexio, cheo de ciencia.
E o Meco tamén quere investigar...
























14/2/17

CIENCIA E LECTURA. EU QUERO SABER!

Este é o título do monográfico sobre a ciencia que levaremos a cabo no colexio durante o segundo e terceiro trimestre.
Como obxectivo principal queremos “fomentar a curiosidade dos nenos/as sobre o proceso da investigación científica ”.
Para acceder ao enlace, preme AQUÍ (ou mira na barra lateral do blog)

12/2/17

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E NENA NA CIENCIA

As científicas Amelie Meyer e Allison Bailey participan na expedición noruega N-ICE2015 do ártico. Foto OM
A ciencia e a igualdade de xénero son vitais para realizar os Obxetivos de Desenvolvemento Sostible, incluidos na Axenda 2030. Nos últimos 15 años, a comunidade internacional fixo un grande esforzo inspirando e promovendo a participación  das mulleres e as nenas na ciencia.
Co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas,  ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e as nenas, a Asamblea General de las Naciones Unidas decide proclamar o 11 de febreiro como O Día Internacional de la Mujer y la Niña en la Ciencia.


Cartel das actividades que se celebran no DOMUS (A Coruña)

4/11/14

MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Dende a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO,  do científico Ángel Carracedo, profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela. Conocido investigador e divulgador científico, Ángel Carracedo ten colaborado coas bibliotecas, tanto públicas como escolares, na difusión dos valores científicos e do acceso ao coñecemento. 
Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogues de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc. 
http://www.xunta.es/linguagalega/mes_da_ciencia_en_galego

26/10/13

LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no contexto das actuacións do PLAN LÍA de bibliotecas escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), publica cada ano uns carteis divulgativos que pretenden facer visible as distintas posibilidades da biblioteca escolar como apoio ao desenvolvemento do currículo e como instrumento fundamental para a formación das persoas lectoras. 

O lema elixido para este curso 2013/2014, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR,trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia. Todos estes contidos teñen cabidana biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado. 
                                   A ilustración é de PATRICIA CASTELAO.  

                                                   
                                                   

       Expositor na biblioteca con libros de ciencia ou  relacionados coa ciencia.