Mostrando entradas con la etiqueta Aula sensorial. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Aula sensorial. Mostrar todas las entradas

27/4/26

UNHA SIMPLE RAIA

O alumnado de 6° de E.I, realizou unha nova actividade coa luz negra. 

Deixaron voar a súa imaxinación dándolles unha simple raia nun folio en branco. Xogaron coa posición e apareceron casas, flores, debuxos abstractos, extraterrestres, sinais, montañas e ata estradas que dse comunicaban.

Un traballo moi proveitoso! 

PARABÉNS RAPAZADA!!!!














 

27/11/25

Arañas luminosas e traslúcidas

Outra sesión do alumnado de 6°de E.I na aula sensorial. Esta vez elaboraron arañas coas plastilina flúor que tanto lles gusta e realizaron en acetatos arañas con formas xeométricas.



                             


28/10/25

O NOSO SIGNO ZODIACAL

Enlazando o conto " A qué sabe a Lúa" coa temática do trimestre dos Medos, o alumnado de 6° de E.I descubriu que as bruxas empregan os signos  zodiacais para os seus rituais máxicos. O alumnado quixo aprender o seu signo e descubriron que, dependendo do día e do mes do seu nacemento, tes un asignado. Tamén descubriron que hai moitas representacións de cada un dos signos. 

Xa que as estrelas están no ceo, que mellor maneira de representar cada un o seu signo na aula sensorial coa luz negra.

Realizaronno de dúas maneiras diferentes .Para a realización das constelacións empregaron bastoncillos e boliñas de plastilina branca e na outra creación estrearon rotuladores e plastilina fluorescente.

Encantoulles polo que seguramente repetiremos!!!!