Mostrando entradas con la etiqueta xornadas voluntariado de lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xornadas voluntariado de lectura. Mostrar todas las entradas

4/6/14

XORNADAS DO VOLUNTARIADO DE LECTURA EN CULLEREDO


O noso centro foi un dos catro colexios  seleccionados dentro do proxecto “Voluntariado de lectura-A” para pasar unha semana no Centro Residencial  Docente en Culleredo.
Os nenos e nenas( acompañados dunha profesora) pasaron uns días de convivencia arredor de valores relacionados coa solidariedade, cooperación e voluntariado.
Foi unha semana intensa con obradoiros do máis variado:
·         Obradoiro de lingua de signos
·         Xogos cooperativos
·         Visita aos locais da Cruz Vermella e xogos sobre os sentidos.
·         Danzas do mundo
·         Obradoiro de lectura expresiva cunha sensacional Charo Pita
·         Obradoiros de narración oral con un sorprendente Celso Sanmartín.
·         Visitamos a biblioteca pública Ágora na que fixemos diferentes actividades sobre os voluntarios da biblioteca.
·         Obradoiro de cociña solidaria, na que os nenos e nenas fixeron unhas galletas que vendimos polas instalacións do C.R.D. e o recaudado foi entregado ao Banco de Alimentos (unha actividade que disfrutamos todos ).
·         María Reimóndez visitounos para falarnos dos seus libros e da súa actividade como membro dunha ONG.
·         Rematamos as actividades cunha sesión de Xogos Cantados a cargo do grupo Pesdelán (suamos pero mereceu a pena).
Os nenos e nenas conviviron durante uns días compartindo cos outros xogos, risas, comidas e lecturas.


Unhas xornada inesquecibles

XORNADAS DO VOLUNTARIADO DE LECTURA- CULLEREDO (CONTINUACIÓN)

COLABORO NA BIBLIOTECA E O QUE MÁIS ME GUSTA É ...


Unha das experiencias más satisfactorias do pasado curso 2013/2014 foi o programa "Voluntariado de lectura-A" no que participaron 44 centros co alumnado de 3º Ciclo de Primaria. A valoración das memorias de actividades presentadas puxo de manifesto o importante labor que estes nenos e nenas realizan nos seus centros, colaborando na xestión e dinamización da biblioteca escolar, pero tamén organizando actividades de lectura compartida, dentro e fóra do seu centro. Agora ben, un dos resultados máis interesantes do programa é comprobar que o alumnado que participa nestas actividades gana en autonomía, desenvolve habilidades de traballo colaborativo, mellora a súa competencia comunicativa, valora os bens comúns e o traballo en beneficio de outros, asume responsabilidades e, en definitiva, vai desenvolvendo competencias que lle han servir para a súa vida persoal, académica e social. Un dos momentos máis gratificantes da "xornada de convivencia" que viviron os rapaces dos centros gañadores no CRD da Coruña, entre o 26 e o 30 de maio, foi o martes á tarde, na presentación das súas actividades como voluntarios e voluntarias na biblioteca escolar. E ao final, pasaron polo "fotocol" para, xogando, amosar algunha das cousas que máis lles gusta facer como colaboradores da biblioteca. Os 48 rapaces asistentes, xunto cos seus profesores, a esta xornada de convivencia procedían dos centros: CEIP José María Lage (Ortigueira, A Coruña) CEIP Plurilingüe de Covas (Viveiro, Lugo) CEIP Filomena Dato (Barbadás, Ourense) CEIP Manuel Sieiro (Crecente, Pontevedra) Durante a semana acudiron a obradoiros de diverso tipo (xogos cooperativos, lingua de signos, danzas do mundo, narración oral, lectura expresiva, cociña solidaria, xogos cantados, club de lectura) e asistiron aos locais da Cruz Vermella e a biblioteca Ágora de A Coruña. todas as actividades estaban relacionadas co traballo colaborativo, o voluntariado de todo tipo e a lectura. GALERÍA DE IMAXES

31/5/14

I XORNADAS DO VOLUNTARIADO DE LECTURA NO C.R.D. DE CULLEREDO (A CORUÑA)

Os alumnos e alumnas  de Voluntariado de lectura-A, dos centros seleccionados para pasar unha semana no Centro Residencial Docente da Coruña (Culleredo), chegaron a última hora da mañá ás instalacións que lles servirá de base esta semana para unhas xornadas de convivencia arredor dos valores relacionados coa solidariedade, o voluntariado e o traballo colaborativo. Déronlle a benvida o Director Xeral de Centros e Recursos Humanos (de onde parte esta iniciativa, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado), así como a Subdirectora Xeral de Centros e a Directora do CRD da Coruña. O alumnado, procedente do CEIP José María Lage (Ortigueira), do CEIP Plurilingüe de Covas (Viveiro), do CEIP Filomena Dato (Barbadás) e do CEIP Manuel Sieiro (Crecente) participou, trala comida inicial, dunha tarde adicada aos xogos cooperativos e a aprender os rudimentos da Lingua de Signos. No segundo día destas xornadas de convivencia teñen prevista unha visita ás instalacións da Cruz Vermella, de A Coruña, con participación en obradoiros diversos, e xa pola tarde, terán oportunidade de presentar aos seus compañeiros e compañeiras as actividades de Voluntariado de lectura que levaron a cabo na biblioteca escolar e en actividades de lectura compartida, dentro ou fóra do centro, polas que foron seleccionados.
+ INFORMACIÓN