Mostrando entradas con la etiqueta lectura e familias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lectura e familias. Mostrar todas las entradas

19/6/23

II Ruta Divercovasmola

No día de hoxe tiñamos programada facer a II ruta Divercovasmola en familia, dentro do programa Lectura e Familias,  pero o tempo non nos acompañou así que fixemos unha adaptación da xornada á climatoloxía do día.



O obxectivo desta actividade é traballar a mobilidade en familia, un dos piares do noso PDI, así como poñer en valor a diversidade que conforma a nosa comunidade educativa.

Como os intres sen chover foron curtiños decidimos facer unha mini ruta por dentro do cole, primeiro andando e despois correndo. Para pechar a actividade botamos mans dunha das actividades que máis nos gusta neste cole: BAILAR. E fixémolo acompañad@s dalgunhas familias.

Pasámolo bárbaro 🥰🥰🥰🥰🥰🥰






























31/5/23

TELE COVASMOLA: RECANTO DAS FAMILIAS

No cole de Covas queremos facer un Recanto para as Familias. Quixenos informarnos que lles gustaría, tanto a maiores como a peques, ter nese recanto e para que. 📺📚🎲🎨🎧🎭

Tamén estivemos indagando a ver cal sería a mellor ubicación 🧐📝

A ver que vos parecen @s nos@s reporteir@s ... 😍😍😍






5/5/23

Lecturas Artísticas non quere rematar!!!!!

Pois recibimos a dúas familias máis que nos pediron vir a compartir con nós os seus contos.

Veu a avoa de Nico contar "Non fai falta a voz". Que ben contan as avoas!!!!





E veu Ibai coa súa nai, a profe Ruth, a contarnos "Adiviña canto te quero" cun teatro de sombras!!!!!






Encantounos!!!! 😍😍😍😍😍😍😍