30/11/21

Hoxe Charo Pita con "La Carrera" dentro do programa "Superarte"

O Concello de Viveiro está a inmerso nestas datas na terceira edición de "Superarte", certame de Teatro Feito por persoas con diversidade funcional. Hoxe agasallounos con Charo Pita e a súa obra "La carrera", gañadora da primeira convocatoria de "La gente con autismo cuenta". 
 
Nela, Nino, Nana e Nono, xogan a facer unha carreira na que non importa ser o primeir@. O importante é descubrir que se pode correr de moitos xeitos 😍😍😍😍
 


 

 

24/11/21

25 N, DÍA iNTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Para conmemorar o Día contra a Violencia de Xénero elaboramos uns xogos de "Quen é quen" no que as crianzas poden traballar a violencia de xénero no deporte. Aquí tedes un vídeo con toda a información e logo ... A XOGAR!!!!!

23/11/21

"COMECHÍNS, SEGUNDO PRATO"

Hoxe tivemos contacontos!!!! Alba Bermúdez mergullounos nun mundo imaxinario no que as crianzas, e os máis maiores, puidemos descrubrir que a lectura pode abrir o apetito. 

Mmmmmm Que delicia volver a disfrutar dun contacontos en directo!!!😍😍😍😍😍😍😍









18/11/21

Formación de usuarios

Logo de transformar a biblioteca foi preciso facer sesións de formación de usuarios para o alumnado e para o profesorado para dar a conocer os novos espazos e usos.

Disrutárono un montón!!!






A nova bibliocovas

O equipo de biblioteca remodelouna enteira. A Covid ensinounos que tiñamos demasiado mobiliario dentro da mesma e precisábamos espazoa máis abertos e delimitados para aproveitar mellor o seu uso. Así que decidimos botar os andeis móbiles máis grandes aos corredores para que funcionran como unha ampliación da biblioteca na hora de ler e na bibliopatio recén inaugurada dentro dos patios dinámicos.

Pecisábamos modificar os itinerario lectores e crear novos espazos. A bibliocovas quedou entón como segue:

1. Lecturas de lecer

  • Aprendo a ler
  • Xa leo!
  • Lectores expert@s.

2. Lecturas de información

  • Cs naturais
  • Cs aplicadas
  • Artes plásticas
  • Música
  • Deportes
  • Relixión
  • Diccionarios e enciclopedias,

3. Zona de ordenadores

  • Tres ordenadores para consulta e búsqueda de información.

4. Zona de xogos

  • Xogos de mesa tradicionais, 
  • Xogos de lóxicae habilidades mentais 
  • Lecturas sobre xogos

5. Biblioteca inclusiva.

  • Libros  para nenos/as con necesidades educativas.
  • Libros emocións.
  • Libros con temas inclusivos (igualdade, non violencia, ...)

6.  Zona maker

  • Pantalla dixital.
  • Mesas de luz.
  • Robótica. 
  • Croma.
  • Construcións.
  • Espazo artes plásticas.
  • Espazo costura (no espazo LÓVA).
7. Radiocovas.
  • Ampliación da biblioteca.


 







 

16/11/21

Biblio Creativa!!!!!

Pois estamos de NORABOA!!!!! 👏👏👏👏👏👏👏

A Bibliocovas foi seleccionada como centro de nova incorporación ao proxecto BIBLIOTECA CREATIVA!!!!! 

Que ilusión máis grande nos fai!!!! 😍😍😍😍😍

SEGUIMOS SUMANDO 💪💪💪💪

Toda a info aquí

15/11/21

"Covasmola" PDI do curso 21-22

Como xa vos contamos no Plan anual de lectura, o Proxecto Documental Integrado que o CEIP Plurilingue de  Covas inicia este curso chámase "Covasmola".



Para o título xogamos con dúas palabras e sustentámola sobre tres elementos básicos:

Covas + mola contén, ademais do nome do cole e da nosa educación unha palabra "molona" que, ao mesturalas proporciónannos:

  • o s de sustentabilidade (covasmola)
  • o mo de mobilidade (covasmola)
  • e o la, dado a volta al, de alimentación saudable (covasmola)

A que vos gusta o noso logo!!!!!!

Fíxono unha mamá molona da nosa comunidade educativa e xa o temos pendurado da fachada do cole.

 

E xa sabedes, si queredes saber máis, consultade o noso plan anual de lectura que temos publicado neste blogue .

11/11/21

Desfilan a Santa Compaña polo CEIP Plurilíngüe de Covas. Que MEDO!!!!!

 

Como o prometimos o Día das Bibliotecas aquí vos deixamos unha mostra das nosas Santas Compaña desfilando polo cole.

Para a ocasión cada aula escribiu a súa propia plegaria e interpretamos a canción de Ruxe Ruxe "Non temos medo".

"O espazo"

 "O espazo" é o proxecto que en Educación Infantil elixiron para festexar o mes da ciencia en galego. Traballaron a teoría do Big Bang e fixeron a súa representación plástica. Mirade mirade ....



Quixeron tamén que o espazo lles dera a benvida todos os días no corredor.


O noso cohete "Covasmola" foi o encargado de guiar a viaxe por todos estas novas aprendizaxes.



E sempre presentes e moi necesarios os libros e xogos que nos axudan a aprender tantas cousiñas interesantes sobre o espazo.




5/11/21

Despega o mes da Ciencia en galego!!!!!

O mes de novembro é o mes da Ciencia en galego nas bibliotecas e a bibliocovas non ía ser menos. Así que ... subimos ao cohete e despegamos a unha nova aventura!!!!!