Un conto favorito feito realidade coa 3D.
"Por una sonrisa, un cielo"
CEIP PLURILINGÜE de COVAS-VIVEIRO (LUGO)
Mariña está que non para!
Coa axuda de Figuriño e os nenos e nenas de educación infantil esta semana no recanto sensorial traballamos as hipóteses utilizando uns barcos pirata que realizamos previamente,
Flotará ou non flotará?
A conclusión é que si,o noso pequeno barco flotou!!
A impresora 3D está que non para esta tempada. Xunto aos seres Covasmola chegaron algúns personaxes dos que máia nos gustan directamente da 3D.
Creacións que traen sorrisos!!!
A pasada semana celebramos a xornada de portas abertas para a admisión do novo alumnado do vindeiro curso 26-27.
Lolo, a nosoa mascota, estivo traballando na impresora 3D e fixo uns agasallos para os nenos e nenas que nos visitaron. Figuriño está encantado!!!
Agardamosvos aquí no vindeiro curso!
Mariña, o noso ser Covasmola da Ciencia, veu ata a aula de 6º de educación infantil facer uns experimentos.
Aproveitando as mondas das merendas das froitas saudables, decidimos levar a cabo un experimento a través da observación directa e sistemática. Recollimos mondas de plátano, mandarina e kiwi. Formulamos hipótesis das cousas que lles podían ocorrer. Co transcorrer dos días notamos os cambios que acontecían.;
a onde se foi a auga da monta da mandarina?
cambiou de cor a monda do plátano, estase a oscurecer?
a monta da mandarina está dura? s
aen manchinas coma se fosen de po?....
Aprendemos que se pode facer cos restos orgánicos, os seus empregos no campo tanto para os animais coma para a terra. Descubrimos a importancia de depositalos no colector correspondente.