Mostrando entradas con la etiqueta mes do libro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mes do libro. Mostrar todas las entradas

5/5/23

Lecturas Artísticas non quere rematar!!!!!

Pois recibimos a dúas familias máis que nos pediron vir a compartir con nós os seus contos.

Veu a avoa de Nico contar "Non fai falta a voz". Que ben contan as avoas!!!!





E veu Ibai coa súa nai, a profe Ruth, a contarnos "Adiviña canto te quero" cun teatro de sombras!!!!!






Encantounos!!!! 😍😍😍😍😍😍😍

 


27/4/23

Última semana de Lecturas Artísticas (Lectura e familias)

Rematamos as Lecturas Artísticas dentro do programa Lectura e familias con máis familias molonas.

Carmen e a súa nai vestíronse para a ocasión e puidemos disfrutar de "Superheroes da escola".




Martiño e Dani, xunto a seu pai e súa nai preparáronos "A mellor sopa do mundo".




Joel, Mateo e a súa nai trouxéronos unha "Mochila invisible" e os "Mellores amigos"




Sabela, Roque, a súa nai e o seu pai pecharon con "Contín contón" e "Oito patas".





 


21/4/23

Mes do libro; Segunda e terceira sesión de Lecturas Artísticas (Lectura e Familias)

Seguimos coas Lecturas Artísticas!!! 

Nesta ocasión foi a quenda de Candela e a súa mamá con "Corre corre cabaciña"





A familia de Xián tiña unha sorpresa enorme: Encheu un conto de lobos de música!!!!!!




A familia de Jaime e Edu fíxeron un teatro de títeres con "Ñac, ñac"




Bravo por todas estas familias molonas!!!!😍😍😍😍😍😍

 


20/4/23

Mes do libro; Lecturas artísticas dentro de Lectura e Familias

Onte iniciamos a convocatoria de Lecturas Artísticas creadas no Programa Lectura e Familias,  para celebrar o mes do libro.

A actividade consiste en contar un conto apoiado de calquera produción artística e a acollida foi estupenda.

Inauguramolo con Alba, a mamá de Teo, e o conto "A fábrica de etiquetas". 









Na quenda de Infantil disfrutaron de "Bo camiño Valentiño" con Alba e a súa mamá e "Sígueme" con Clara e a súa mamá.










Moitísimas grazas a estas Familias molonas!!!! 😍😍😍😍😍😍