O 21 e 22 de marzo celebráronse en Santiago de Compostela os Encontros do
Plan de mellora de bibliotecas escolares correspondente ao curso
2018/2019, con intevención de persoas expertas en diversos ámbitos
relacionados coas biblioteca, a literatura, a comunicación, o
patrimonio, a mediación lectora, as competencias informacionais e
mediáticas, a tecnoloxía educativa e a produción audiovisual. Ademais,
presentáronse un total de 26 experiencias de centro de
moi diverso contido (funcionamento da biblioteca escolar, "hora de ler",
voluntariado, biblioteca inclusiva, espazo creativo, proxecto lector,
Radio na biblio, clubs de lectura, traballo por proxectos e outros).
Neste ano de "poéticas diversas", a poesía estivo presente da man de Mar
Benegas, Montse Pena e Carlos Negro.
A xornalista Rosa María Calaf pechou os Encontros cunha conferencia maxistral "Aprendendo a pensar diante da mentira e o ruído" que recibiu unha forte ovación por parte do público asistente.
Mostrando entradas con la etiqueta bibliotecas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta bibliotecas. Mostrar todas las entradas
24/3/19
16/3/15
ENCONTROS DAS BIBLIOTECAS DO PLAMBE
Durante os días 12 e 13 tiveron lugar en Santiago de Compostela os Encontros das bibliotecas que pertencen ao PLAMBE (Plan de mellora das bibliotecas escolares).
O día 12 estivo adicado as bibliotecas escolares que se incorporaron ao PLAMBE este ano. O día 13 reunímonos 550 responsables/membros dos equipos das bibliotecas escolares de toda Galicia.

Preme aquí para ir á páxina onde atoparedes os materiais dos Encontros.
Labels:
bibliotecas,
Encontros Plambe 2015,
materiais
16/1/15
REVISTA EDUGA- VOLUNTARIADO DE LECTURA NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Foi publicado un artigo na revista galega do ensino EDUGA sobre o papel do alumnado voluntario na biblioteca escolar visto polo profesorado responsable das bibliotecas seleccionadas na primeira das convocatorias de Voluntariado de Lectura-A, integrada no programa Hora de Ler, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Para ler o artigo, preme AQUÍ
Labels:
bibliotecas,
revista Eduga,
voluntariado de lectura
29/3/14
ENCONTROS DOS CENTROS DO PLAMBE
O 27 e 28 de marzo de 2014, o profesorado que coordina os
equipos de biblioteca dos centros integrados no Plan de mellora de
bibliotecas escolares reuníronse en Santiago de Compostela (Palacio de
Congresos), nos Encontros do Plan de mellora de bibliotecas
escolares 2013/2014.
Os Encontros reúnen a expertos en biblioteca como Inés Miret ou Luis Miguel Cencerrado; investigadores en cultura e tecnoloxía, como Antonio Rodríguez de las Heras; científicos como Jorge Mira.
Pero tamén son unha plataforma para a difusión de prácticas de excelencia
que se están a dar en moitas bibliotecas escolares galegas, que se
expuxeron en mesas de experiencias sobre "ciencias na biblioteca escolar",
sobre a lectura ou sobre as aprendizaxe por proxectos.
MATERIAIS DOS ENCONTROS
MATERIAIS DOS ENCONTROS
1/12/11
6 BIBLIOTECAS GALEGAS PREMIADAS
Acaba de chegarnos a comunicación do Ministerio cos premios nacionais de boas prácticas correspondentes ao ano 2011. As bibliotecas escolares galegas seguen a ser recoñecidas.
Modalidade A (centros de infantil, primaria, educ. especial e educación de persoas adultas)
1º premio: CEIP A LAMA, de A Lama, Pontevedra.
2º premio: CEIP CONDESA DE FENOSA, de O Barco, Ourense.
3º premio: CRA DE RIBADUMIA, Ribadumia, Pontevedra
3º premio: CEP XOSÉ MARÍA BREA SEGADE, de Taragoña-rianxo, A Coruña
Modalidade B (centros de ensino secundario, formación profesional, ensinanzas artísticas e escolas de idiomas):
3º premio: IES DE CELANOVA, Celanova, Ourense.
3º premio: IES ALEXANDR BÓVEDA, de Vigo, Pontevedra.
Como vedes, 6 novos galardóns. Non temos aínda o listado total, pero segundo nos din do ministerio, volve ser a comunidade máis premiada.
PARABÉNS CON MOITA ALEGRÍA A TODAS E A TODOS!!!!

5/6/11
A INSOPORTABLE LEVEDADE DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS
Documento que recolle bastantes matices do malestar da inmensa maioría de nós diante da previsible desaparición de formadores específicos no noso ámbito e o que este feito conleva e significa
[https://docs.google.com/
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)