Mostrando entradas con la etiqueta poesía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta poesía. Mostrar todas las entradas

30/10/25

Conxuros terroríficos polos bruxos e bruxas de Covas

No contexto lingüístico do segundo ciclo traballamos a literatura de tradición oral a través da creación de conxuros elaborados por terroríficos bruxas e bruxos que prometen rematar coa tranquilidade da Bibliocovas.

Anotade os ingredientes para elaborar as apócemas que estades ante toda unha clase maxistral de maxia da boa.

Que comece o aquelarre 

e as vosas rimas se fagan realidade!!




                             


31/3/21

DÍA DA POESÍA, DA ÁRBORE E DA AUGA

 Celebramos o Día da Poesía, da Árbore e da Auga coa visita de Jaime Oroza.

Jaime vive en San Pedro (Viveiro), ex profesor de inglés, escritor, poeta e fotógrafo achegounos coas súas fotos ás marabillas do Souto da Retorta, o Penedo do Galo, o Castelo, San Roque, a Silvarosa... 

Ademais amosounos  impresionantes imaxes da natureza con cabalos, bolboretas, paxaros, cascadas, árbores autóctonos...

Non faltaron as fotos dende o mar coas vistas ao Fuciño do Porco, praias de Sacido, Seiramar, a Illa da Gabeira... natureza en estado puro!

Todo esto regado pola música de acordeón do seu amigo Simón.

Escoitamos como recitaba os seus versos que teñen a  estrutura dos Haikus.

A poesía de Jaime está ligada á natureza falándolle ao vento, aos paxaros... "Zoa o vento", " O canto do malvís"...

 Os nenos e nenas de 5º e 6º disfrutaron con esta visita chea de poesía, natureza e música!

20/4/20

FALECEU LUZ POZO GARZA, A POETA FILLA ADOPTIVA DE VIVEIRO

LUZ POZO GARZA, poeta que foi nomeada Filla adoptiva de Viveiro, morreu o día 20 de abril na Coruña. Tiña 97 anos.

Foi poeta, escritora e unha das figuras máis emblemáticas da poesía galega. Ainda que naceu en Ribadeo estaba moi vinculada a Viveiro onde estivo vivindo.
Escribiu poesía e ensaio. Unha das obras máis coñecidas é o CÓDICE CALIXTINO en 1986.
Recibeu moitos premios entre os que destaca a Medalla Castelao.

Máis información sobre esta poeta.


8/6/19

EXPOSICIÓN DA MICRORREDE DA MARIÑA- UN XANTAR DE VERSOS



UN XANTAR DE VERSOS

Do día 4 ao 6 de xuño tivo lugar a Exposición dos traballos escolares dos centros integrantes da Microrrede da Mariña en Viveiro.
Tanto a sá de exposicións da biblioteca municipal como a sá multiusos do concello estiveron cheas de poesías que inundaban os sentidos.
A poesía que sentimos era o título do proxecto colaborativo entre os 16 centros educativos que formamos o PLAMBE e as familias. Cada centro traballou a poesía dunha perspectiva diferente pero cun punto en común... a poesía sentímola pola vista, ouvido, tacto, gusto, cheiro...  en todas as maneiras posibles a poesía é emoción que envolve o corpo.

No noso centro decidimos invitar a un Xantar de versos, comemos poesía, saboreándoa, ulindo a froita, o arroz... e que quedou plasmado nestes marabillosos traballos das familias do colexio.

Gran traballo das familias e os nenos/as, aos que damos as grazas por colaborar con nós.

Se queredes ver todas as actividades do proxecto, premede  na
 MICRORREDE DA MARIÑA
http://microrredeamarina.blogspot.com/

4/6/19

UN XANTAR DE VERSOS- MICRORREDE DA MARIÑA


A actividade deste ano do proxecto colaborativo entre as bibliotecas escolares que integramos o PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) levou por título A POESÍA QUE SENTIMOS.

No noso colexio en concreto a actividade titulábaseUN XANTAR DE VERSOS xa que a poesía sentímola co  gusto, saboreando os versos e invitámos ás familias a ese xantar con poemas.

Pedimos a colaboración das familias para elaborar un prato con poemas sobre a comida, o gusto, a cociña... e un traballo plástico para ilustrar dito poema e sobre todo tratábase de implicar ás familias nas actividades do centro e traballar colaborando o pai/nai/avós/irmáns...

Agradecemos os preciosos traballos aportados demostrando unha gran creatividade e imaxinación. MOITAS GRAZAS!!

Os traballos estiveron expostos no colexio e dende o vindeiro martes día 4 haberá unha gran exposición colectiva en Viveiro aberta ao público en xeral ata o día 6.
O día  4 foi inauguración da Exposición da Microrrede coa asistencia de autoridades, familias, mestres e sobre todo nenos e nenas.

Contamos coa presencia de Antón Cortizas, poeta escritor, actuacións de grupos do Conservatorio de Música de Viveiro, recitado de poemas a cargo do alumnado da EEI San Roque.

Durante os días da exposición houbo diferentes actividades dinamizadoras: teatro a cargo da Asociación de Axuda  ao Enfermo Mental da Mariña, poesía na Rúa ( poesías recitadas polos nenos e nenas dos centros educativos que foron difundidas pola megafonía nas rúas do casco de Viveiro).
Nas tendas e bares agasallaron con poesía escrita tamén polos nenos/as dos centros.
A Asociación TÁ EN ARTES estivo pintando en directo na rúa.

O día 6 foi a clausura cun concerto audiovisual a cargo de  David Catá e Juan Cabalar,  a presentación do libro "Esta non é outra historia de piratas" por María Rolle, a actuación do regueifeiro Cristian e do manifesto de Alba, alumnos de secundaria.

Unha semana con gran actividade no noso pobo Viveiro cheo de poesía.


















2/5/19

UN XANTAR DE VERSOS- PROXECTO DA MICRORREDE DA MARIÑA


 Xa estamos a prepararnos para outra nova actividade da MICRORREDE DA MARIÑA. Como sabedes este proxecto colaborativo de centros educativos que formamos parte do PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares) veuse incrementado con dous novos centros (a Escola Oficial de Idiomas de Ribadeo e o CEIP Fondo Nois de Foz). 
Este curso o proxecto ten como título
A POESÍA QUE SENTIMOS.
No CEIP Plurilingüe de Covas imos traballar sobre o sentido do gusto e titulámolo
UN XANTAR DE VERSOS.
Enviamos unha carta a cada familia explicando en que consiste o proxecto e pedimos a súa colaboración que agradecemos coma sempre.

Saborearemos os versos inéditos ou copiados polas familias nun gran xantar de poemas.

24/3/19

ENCONTROS PLAMBE EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

O 21 e 22 de marzo celebráronse en Santiago de Compostela os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares correspondente ao curso 2018/2019, con intevención de persoas expertas en diversos ámbitos relacionados coas biblioteca, a literatura, a comunicación, o patrimonio, a mediación lectora, as competencias informacionais e mediáticas, a tecnoloxía educativa e a produción audiovisual. Ademais, presentáronse un total de 26 experiencias de centro de moi diverso contido (funcionamento da biblioteca escolar, "hora de ler", voluntariado, biblioteca inclusiva, espazo creativo, proxecto lector, Radio na biblio, clubs de lectura, traballo por proxectos e outros). Neste ano de "poéticas diversas", a poesía estivo presente da man de Mar Benegas, Montse Pena e Carlos Negro.
A xornalista Rosa María Calaf pechou os Encontros cunha conferencia maxistral "Aprendendo a pensar diante da mentira e o ruído" que recibiu unha forte ovación por parte do público asistente.

19/11/18

LUZ POZO GARZA, FILLA ADOPTIVA DE VIVEIRO

A poetisa Luz Pozo Garza (Ribadeo 1922) foi nomeada Filla Adoptiva de Viveiro.
Nada en Ribadeo pero aos 8 anos vaise vivir a Viveiro.

BIOGRAFÍA


24/11/15

O POETA CARLOS OROZA MORREU EN VIGO

O día 21 de novembro morreu en Vigo, onde residía, Carlos Oroza o poeta que naceu en Viveiro.
Un home polifacético que cantou nun grupo de rock, estivo activo ata o final da súa vida.
Para máis información, preme na imaxe

Blog adicado a Carlos Oroza

21/3/10

POESÍAS SOBRE O MAR

A Biblioteca do CEP Cespón está a traballar o tema do mar coma na nosa biblioteca, así que imos "copiar" este estupendo libro de POESÍAS SOBRE O MAR.
Moitas grazas por este gran traballo!


13/6/09

BUSCA DO TESOURO

Esta semana fixemos unha busca do tesouro na biblioteca.
A actividade consistía en contestar a preguntas, completar poemas... consultando nunha serie de libros de poesía (este trimestre estámolo adicando á poesía).
Xogaban dous equipos de cada curso e participaron nenos e nenas de 3º,4º,5º e 6º de Primaria.
Estivo tan "reñido" que como veredes nas fotos, nen sequera miraban á cámara.



31/5/09

NA BIBLIOTECA HAI MOITO POETA





O 3º TRIMESTRE A BIBLIOTECA
ESTÁ CHEA DE
POESÍA E
POETAS




Preme na imaxe e verás o que che temos preparado