Maios
Como nos gusta a música!
Esta semana veu actuar ao noso colexio un grupo de música tradicional galega dirixida por Noelia, a nai de Edgar e Hugo. A Noelia acompañáronna membros da Asociación Os 21 de O Vicedo e Valdeflores de Viveiro, tocando instrumentos populares e un grupo de acordeóns do Conservatorio de Viveiro.
Foi unha actuación fantástica e algúns nenos e nenas do colexio que están a aprender a tocar a pandereta e tambor acompañáronnos nunha canción.
Cantaron cancións tradicionais, tamén Catro vellos mariñeiros e remataron coa canción O galo canta coreada polos nenos e nenas do colexio.
Grazas por esta magnífica actuación!
Mostrando entradas con la etiqueta Maios 2017. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Maios 2017. Mostrar todas las entradas
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)