Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca inclusica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca inclusica. Mostrar todas las entradas

14/4/24

8 de abril, Día Internacional do Pobo Xitano

O pasado 8 de abril foi o Día Internacional do Pobo Xitano. Para celebralo realizamos diferentes actividades.
O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria traballou o conto titulado “Alma” no contexto lingüístico. A protagonista deste conto é unha nena xitana, que non para de facerse preguntas sobre a súa identidade.


Despois de ler o conto, o alumnado elaborou unha entrevista con preguntas e coas posibles respostas que daría Alma se a entrevistaran.




Finalmente, gravaron a entrevista e este foi o resultado.


Tamén houbo un momento artístico moi especial.


Estas actividades enmárcanse dentro do Contrato Programa Inclúe QUÉDA-T.









27/10/23

Cuquitas pola diversidade

As Cuquitas son, en Cuba, as bonecas de papel coas que se xogaba na infancia (mariquitas).

A idea xeral é sensibilizar ao alumnado, a través do xogo, de que a diversidade cultural é sinónimo de respectar as diferentes identidades culturais e entendelas como unha grande oportunidade de aprendizaxe. a importancia de non esquencer as nosas raíces è determinante para vivir unha sociedade inclusiva.