20/6/23

Recomendacións de verán!!!!!

Lolo quérevos deixar unhas pequenas suxestións para este verán!!!!

Feliz e merecido descanso 🥰🥰🥰🥰🥰

Vémonos no vindeiro curso na Bibliocovas 📝🥳📖🎧

#Covasmola 3.0

Cosemos bolsas para levar os traballiños para a casa!!!!

O alumnado do departamento de aorientación, xunto coas súas mestras, deseñaron e elaboraron unhas bolsas personalizadas para levar os traballiños para casa. Empregaron teas reutilizadas que sobraron dos disfraces de entroido e personalizáronas con vinilos empregando a cricut.

Pois este foi o resultado!!!!!!

Estamos emocionad@s!!!!!!!





















19/6/23

II Ruta Divercovasmola

No día de hoxe tiñamos programada facer a II ruta Divercovasmola en familia, dentro do programa Lectura e Familias,  pero o tempo non nos acompañou así que fixemos unha adaptación da xornada á climatoloxía do día.



O obxectivo desta actividade é traballar a mobilidade en familia, un dos piares do noso PDI, así como poñer en valor a diversidade que conforma a nosa comunidade educativa.

Como os intres sen chover foron curtiños decidimos facer unha mini ruta por dentro do cole, primeiro andando e despois correndo. Para pechar a actividade botamos mans dunha das actividades que máis nos gusta neste cole: BAILAR. E fixémolo acompañad@s dalgunhas familias.

Pasámolo bárbaro 🥰🥰🥰🥰🥰🥰