Mostrando entradas con la etiqueta Ruta divercovasmola. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ruta divercovasmola. Mostrar todas las entradas

18/3/24

III Ruta Divercovasmola en familia

O vindeiro venres 22 de marzo celebraremos a III Ruta Divercovasmola en familia dentro do programa Lectura e Familias.

Realizaremos duas rutas, unha para o alumnado e familias de educación primaria e outra para as de educación infantil pola inclusión e a diversidade. Para rematar faremos unha merenda familiar no parque Pernas Peón.

Non é preciso apuntarse, só debedes estar un pouquiño antes das 10:00h no cole.





CONTAMOS CON VÓS!!!!





19/6/23

II Ruta Divercovasmola

No día de hoxe tiñamos programada facer a II ruta Divercovasmola en familia, dentro do programa Lectura e Familias,  pero o tempo non nos acompañou así que fixemos unha adaptación da xornada á climatoloxía do día.



O obxectivo desta actividade é traballar a mobilidade en familia, un dos piares do noso PDI, así como poñer en valor a diversidade que conforma a nosa comunidade educativa.

Como os intres sen chover foron curtiños decidimos facer unha mini ruta por dentro do cole, primeiro andando e despois correndo. Para pechar a actividade botamos mans dunha das actividades que máis nos gusta neste cole: BAILAR. E fixémolo acompañad@s dalgunhas familias.

Pasámolo bárbaro 🥰🥰🥰🥰🥰🥰