Mostrando entradas con la etiqueta padriños. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta padriños. Mostrar todas las entradas

3/4/19

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

O día 2 de abril celebramos o DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL.
Neste día tan especial no cole fixemos unha actividade relacionada coa lectura e ademais colaborativa xa que os nenos e nenas maiores leron/contaron/dramatizaron... contos aos nenos e nenas máis pequenos.
O alumnado de 6º, 5º e 4º estaba moi ilusionado porque ían ser PADRIÑOS E MADRIÑAS DE LECTURA dos nenos e nenas do cole.
Durante varias sesións na hora de ler prepararon monicreques, disfraces, carautas... con que acompañar a lectura do conto para os seus AFILLADOS/AS... e buscaron un recuncho para ler ( calquer sitio do colexio: escaleiras, biblioteca, pasillos, aulas, ximnasio...)

Todos o fixeron xenial e os afillados... encantados!


26/10/12

24 DE OUTUBRO- DÍA DA BIBLIOTECA

O día 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca no colexio. A actividade elexida para esta ocasión foi "Padriños e madriñas de lectura" na que os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Primaria en grupos de padriños e madriñas contaron historias  aos afillados e afilladas ( nenos e nenas de infantil, 1º,2º e 3º).
Esta actividade levouse a cabo por todo o centro: no ximnasio, na biblioteca, na clase e ata nos corredores "todo sitio é bo cando hai unha boa historia e un amigo para contarcha".

24/10/11

DÍA DA BIBLIOTECA

Hoxe día 24 de outubro celebramos no colexio o DÍA DA BIBLIOTECA. A actividade elexida este ano foinos recomendada por todos os colexios que a levaron a cabo. Trátase dos PADRIÑOS E MADRIÑAS DE LECTURA. Nela os nenos e nenas "maiores" de 4º,5º e 6º de Primaria prepararon contos, lecturas, pequenas dramatizacións..., e incluso fixeron títeres, decorados e ata un pequeno teatro. Con todo isto foron ler aos nenos máis pequenos do colexio. Aínda que tiñamos pensado ler no patio, como o tempo non nos acompañou, limos noutros espazos do colexio: ximnasio, biblioteca, corredores, clase... (calquera sitio é bo acompañado dun bo libro).
Todos os nenos e nenas disfrutaron con esta actividade que esperamos repetir máis veces.
Grazas a todos os padriños e madriñas que o fixeron moi ben e con moita ilusión.