Mostrando entradas con la etiqueta música. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta música. Mostrar todas las entradas

8/6/20

DEBUXA O DÍA DA ARTE GALEGA

Estes foron os preciosos debuxos de 5º e 6º de primaria para conmemorar o Día da Arte Galega dende música.
A idea era facer un debuxo inspirándose na música de Edvard Grieg (A mañá).

4/4/18

XIANA NAVAL NO COLEXIO

Que mellor maneira de comezar o Mes dos Libros que reunir os libros e a música coa visita de XIANA NAVAL. Xiana estudou no noso colexio e agora está a piques de rematar a súa formación no Conservatorio Superior de Música da Universidade da Coruña. O ano pasado estivo co programa Erasmus en Bélgica. Xiana toca o trombón e foi elexida para tocar na Banda Galega Femenina de Música de Galicia "Marcamos o compás" que actuou o día 17 de marzo no Gaiás en Santiago para celebrar o Día da Muller en Santiago nun concerto para visibilizar a presenza feminina na música. Os nenos e nenas do colexio fixéronlle unha morea de preguntas relacionadas coa súa formación, estudos... e incluso intentaron tocar o trombón. Finalmente deleitonos cunhas pezas musicais. Dentro da área de Música os nenos e nenas traballaron as "Nosas mulleres na música".

Para escoitar a Xiana preme no altofalante.

15/12/17

OBRADOIRO DA BANDA DE GAITAS CACHARELA DE COVAS

Tivemos a visita de dous integrantes da Banda de Gaitas Cacharela de Covas. O director Rodrigo e Héctor, un antigo alumno do centro, explicaron aos nenos e  nenas os instrumentos de percusión que tocan na banda. Dende as cunchas ata o bombo, ensinaron as diferentes partes e tocaron algunhas pezas.  Tamén tocaron a gaita e invitaron á alumna Sara López, que interpretou duas cancións con eles.

Banda de Gaitas Cacharela de Covas from Bibliocovas on Vimeo.

9/7/17

E PARA REMATAR... FESTIVAL!


Para rematar o curso 2016-2017 celebramos un festival coas actuacións por parte dos alumnos e alumnas de todo o centro. Os nenos e nenas nerviosos por actuar diante das familias puxeron toda a súa ilusión e gañas. Os nenos e nenas de 3 anos fixeron un baile coa canción Xuntos de Juan Pardo, os de 4 anos fixéronnos bailar ao ritmo de Grease. Cun clásico These boots are make for walking bailaron os alumnos/as de 5 anos.

En 1º de primaria elaboraron un mosaico ao ritmo da música que nos fascinou, a obra de teatro de 2º fíxonos pasar un bo rato e viñeron os rapeiros de 3º co seu hip hop que puxeron ao público a bailar.
Os nenos e nenas de 4º bailaron moi conxuntados a canción O sacristán de Coimbra. Os nenos e nenas de 5º de primaria teñen moita experiencia bailando hip hop e bailes modernos, a obra de teatro dos nenos e nenas de 6º foi sobre a Galiña Azul de Carlos Casares e por último todos os nenos e nenas do centro bailamos unha canción en inglés Tooty ta poñendo fin ao festival.

A comunidade educativa do CEIP Plurilingüe de Covas deséxavos un bo verán!

FESTIVAL FIN DE CURSO 1 from Bibliocovas on Vimeo.

FESTIVAL FIN DE CURSO 2 from Bibliocovas on Vimeo.

FESTIVAL FIN DE CURSO 3 from Bibliocovas on Vimeo.

15/5/16

BANDA ESCOLA DE GAITAS CACHARELA DE COVAS

Como nos gusta a música, a Banda Escola de Gaitas Cacharela de Covas estivo no colexio. Rodrigo, o director, ensinounos os diferentes instrumentos típicos da banda: a gaita, o tamboril, o bombo, as cunchas e a pandereta. Rodrigo veu acompañado de tres compoñentes da banda e ex-alumnos do colexio (Héctor, David e Antón). Tocaron pezas populares e foi un verdadeiro placer que estiveran con nós. Grazas!

10/11/15

A TÚA BANDA VAI AO COLE!

O martes de novembro unha representación da Banda de Viveiro, con Ana Gabriela de 6º incluída, desenrolou o seu proxecto educativo “A túa banda vai ao cole” cós nenos de 1º a 4 de Educación Primaria. Neste primeiro taller o alumnado tivo a oportunidade de escoitar temas coñecidos interpretados polos músicos da banda, ver os seus instrumentos de preto e, o máis divertido, podelos tocar!!!!! A banda animou a todos os nenos e nenas a formar parte da mesma. É unha actividade gratuíta, ten profesorado propio e xera a gratuidade tamén dos estudios do conservatorio. PASÁMOLO BÁRBARO!!!!

22/12/12

O RAP DO NADAL

Como despedida do primeiro trimestre, os nenos e nenas de 6º de Primaria cantaron e bailaron "O rap do Nadal" creado por eles, para felicitar a toda a comunidade educativa e sobre todo para animar a "ler libros este Nadal".

BO NADAL!


8/6/12

MÚSICA NO COLEXIO

Seguimos recibindo a profesores e alumnos do Conservatorio de Música de Viveiro. Nesta ocasión poidemos disfrutar dun quinteto de clarinetes e un grupo composto de gaita e tambores.
Durante a charla explicaron as partes do clarinete, da gaita e invitaron aos nenos e nenas a tocar con eles e descubrimos que temos verdadeiros artistas.
Despois ofreceron un concerto que deleitou a todos.




1/6/12

VISITA DE ALUMNOS DO CONSERVATORIO DE VIVEIRO

Tivemos a visita dun profesor e alumnos do Conservatorio de Música de Viveiro para amosarnos os tipos de instrumentos, en especial os de vento, e informarnos sobre o que instrumentos e ensinanzas poden estudiar no Conservatorio. Ao final deleitaron a todos os nenos e nenas do colexio cun pequeno concerto.