30/12/21

Lectura e Familias siiiiii!!!

 A Bibliocovas acaba de ser seleccionada para desenvolver o Programa Lectura e Familias.

Xunto coa biblio Creativo son os dous novos retos que sumamos este curso.

Estamos emocionad@s ao tempo que orgullos@s de que o noso proxecto fora seleccionado 😍😍😍😍😍😍

Toda a info aquí ....



20/12/21

MERCADO DE NADAL "COVASMOLA"

Todo preparado para celebrar o primeiro Mercado de Nadal "Covasmola".


En que consiste o noso mercado?

O noso Proxecto Documental Integrado (PDI) sabedes que se chama Covasmola e que nel traballamos, principalmente, tres eixos:

  1. Alimentación saudable.
  2. Sustentabilidade.
  3. Mobilidade.

Pois para facer o noso Mercado creamos unha moeda, os "Covasmola", e emitimos billetes de 1, 2 e 5 Covasmola. 


 


 

Como se poden conseguir estes cartos?

Durante o mes de desembro realizamos un rexistro nas aulas das merendas, recipientes reutilizables e desprazamentos ata a escola. Deste xeito cada día que os nenos e nenas traían a merenda respectanto o calendario gañaban 1 Covasmola, cando esa merenda viña sen plásticos e en envases reutilizables gañaban 2 Covasmola e cada día que chegaban ao cole a pé, en bici ou en patíns gañaban 5 Covasmola.


 


 

Fixemos o reconto dos cartos (viva o ABN!!!) 



Os cartos gañados poden empregarse no Mercado de Nadal coa seguinte lista de prezos:


 

Así que todo preparado para recibirvos. Os nen@s de sexto venden libros do espurgo, marcapáxinas, farois, chapas, pulseiras, tatoos e lápices. Esperamos que o disfrutedes 😍😍😍😍😍😍



















 

 
E tamén agardamos a chegada dos Reis Magos á nosa Bibliocovas na que contamos coa colaboración da ANPA.
QUE EMOCIÓN!!!!!




19/12/21

Suxestións para o Nadal

Despedimos o ano cunhas suxestións lectoras para o Nadal. 

E lembra...

"O mellor agasallo, un libro"

 






 

17/12/21

Maxia con Kiko Carrolo

 Achégase O Nadal, época chea de ilusións e de MAXIA!!!!!!

Hoxe disfrutamos un montón coa Maxia de Kiko Carrolo. Moitísimas grazas á ANPA por organizarnos esta actividade 😍😍😍😍










15/12/21

O APALPADOR!!!!

Hoxe, os máis peque@s, tivemos a visita do Apalpador e os seus axudantes. Botámolos moito de menos oúltimo curso pero, éste, por fin, puideron vir 😍😍😍😍😍😍

Infinitas grazas á Residencia Domusvi por compartir con nós esta experiencia!!!!








Visitamos o Belén de Viveiro

Onte, os nenos e nenas de Educación Primaria, visitamos o Belén Xigante que temos instalado en Viveiro. Nel, ademáis de ver o Portal de Belén, puidemos observar o traballo dos artesáns que ambientan toda a exposición. Canteir@s, ferreir@s, oleir@s, panadeir@s e algunha que outra sorpresiña.

Fumos a pé desde o cole seguindo a filosofía do noso Proxecto Documental Integrado "Covasmola". Disfrutamos e aprendimos un montón!!!!