Na Semana da Prensa tivemos a visita dun antigo alumno do colexio, Iván Díaz Rolle que rematou os estudos de Xornalismo en Valladolid.
Iván fíxo unha pequena introdución ao papel do xornalista, como busca as novas, a que fontes recurre, as 5 W, e despois centrou a súa charla na Rolda de Prensa.
Como Iván traballou nun xornal como xornalista deportivo deunos unha grata sorpresa... a visita de Lara Balseiro, xogadora de fútbol sala feminino no equipo do Burela FS.
Con ela practicamos a rolda de prensa e os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria fixéronlle unha morea de preguntas sobre a súa carreira deportiva, entrenamentos, compañeiras, equipos, proxectos de futuro...
Tendo en conta que foi tamén o Día da Muller Traballadora Lara falou do papel da muller nun deporte típicamente masculino.
Mostrando entradas con la etiqueta Iván. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Iván. Mostrar todas las entradas
9/3/18
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)