Mostrando entradas con la etiqueta Apalpador. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Apalpador. Mostrar todas las entradas

19/12/23

O APALPADOR

Hoxe tivemos a visita do Apalpador para os nenos e nenas de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria. Preparamos a carta e levámoslla cheos de ilusión.

Infinitas grazas aos usuarios e ao persoal da Residencia DOMUSVI por facelo posible, por achegarnos a historia e aventuras do Apalpador con tanto cariño.






















19/12/22

O APALPADOR!!!

Hoxe tivemos a visita do APALPADOR para os máis peques do cole.

Encántanos realizar estos encontros coa Residencia de Maiores DomusVi de Viveiro.

Deixámosvos algunhas imaxes da visita ao cole e do Mercado Solidario no que participamos coas nosas manualidades.










 
 
 

18/12/19

O APALPADOR

O último día de cole antes das vacacións de Nadal tivemos a visita de residentes de DOMUSVI que viñeron contarnos  e dramatizar o libro ANTÓN E O APALPADOR. Os nenos e nenas estiveron moi atentos á historia que foi dramatizada con bonecos e recitada polos avós e avoas de DOMUSVI e interactuaron durante a narración.
Máis tarde, os nenos e nenas saudaron aos maiores que estaban encantados.












5/1/18

O APALPADOR ESTIVO NO COLEXIO E FESTA DE FIN DE TRIMESTRE

Visitounos o Apalpador que nos leu o libro "O Apalpador e a castaña máxica" posto en escena polos residentes de DomusVi (antes Geriatros). Para rematar o trimestre achegouse ata o centro Papá Noel e un Rei Mago. Entre los dous entregaron unha morea de agasallos para os nenos, nenas, profesorado e personal non docente do centro. Os nenos e nenas de infantil e primaria cantaron unhas panxoliñas adicadas aos nosos invitados especiais. Despois fumos todos á biblioteca para ver unha obra de teatro representada polos nenos e nenas de 6º que forman parte do Equipo de Colaboradores/as da biblioteca. A obra levaba por título "Que lio de libros" facendo referencia á organización e formación de usuarios da biblioteca e remataron cun Bibliorap.

Panxoliñas e visita do Rei Mago e Papá Noel. from Bibliocovas on Vimeo.

O Apalpador - Que lío de libros! from Bibliocovas on Vimeo.

28/12/16

FESTA DE NADAL

Celebramos o Nadal cunha exposición de postais feitas polos nenos/as do cole. Tamén puxemos o Belén e  tivemos a visita de residentes de Geriatros que dramatizaron a historia do Apalpador.
O día 21 recibimos a Papá Noel e a un Rei Mago e os nenos e nenas entregaron as cartas nas que pedían agasallos para as clases.
Actuaron os nenos e nenas de 4º cunha panxoliña moi bonita, o alumnado de 6º dramatizou a obra de teatro "A outra historia de Carapuchiña" e para rematar os nenos e nenas de 5º e 6º cantaron a canción "All you need is love" co acompañamiento do auxiliar de conversa, Ethan.

nadal16 from Bibliocovas on Vimeo.

Nadal-2016 from Bibliocovas on Vimeo.

4/12/11

CHEGA O NADAL E MÁIS O APALPADOR

Actividades LIM sobre O Apalpador, elaboradas pola coordinadora de ENDL do Barbanza.

30/11/10

O APALPADOR VEN PARA O NADAL

O Apalpador ou Apalpabarrigas baixa das montañas do Caurel todos os anos polo Nadal.

Se queres saber máis sobre este personaxe, preme na imaxe.

Webquest sobre O APALPADOR feita polo CEIP de Friáns- Teis de Vigo.

A ver o que aprendiches sobre o Apalpador. Fai este cuestionario que nos manda o Recanto do Mik.

20/12/09

NO NADAL CHEGA O APALPADOR OU APALPABARRIGAS




Algunhas entidades culturais galegas están colaborando na recuperación dun personaxe da tradición popular do Nadal: O Apalpador .En diversas comarcas da alta montaña do leste de Galiza, así como en diversos puntos do oeste do Bierzo, mantíñase ata datas moi recentes a tradición do Apalpador: un xigante con oficio de carboeiro que, durante as datas do Nadal, baixaba das montañas onde vivía ata as aldeas, coa intención de apalpar as barrigas dos máis pequenos das casas, para comprobar se estaban ben mantidos.O Apalpador vixiaba que comesen ben e desexáballes un novo ano no que seguisen sen pasar fame, deixando como agasallo unhas cantas castañas quentes para que lembraran a súa visita.A tradición, recollida por José André Lôpez Gonçález nas comarcas do Courel e do Cebreiro, reflicte a conexión desta figura con outras semellantes como o Olentzero, o Pai Inverno ou o propio Papá Noel. Crese que se trata dun costume de orixe precristiá que no seu momento debeu estar estendido por todo o país e que foi desaparecendo progresivamente. (Extraído de Vieiros.com) O artista de Neda, Leandro Lamas deseñou a preciosa imaxe que se está a empregar na campaña para a recuperación de O Apalpador.