Mostrando entradas con la etiqueta . Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta . Mostrar todas las entradas

25/4/18

DÍA MUNDIAL DO LIBRO- BUSCANDO A CERVANTES


buscando a cervantes

Para conmemorar o Día Mundial do Libro os nenos e nenas de 6º participaron nunha busca do tesouro titulada "Buscando a Cervantes".
Durante uns días estiveron expostos uns carteis polos corredores do centro con información sobre Cervantes.
 Dentro da biblioteca estaban as respostas as preguntas da busca do tesouro, relacionadas coa vida e obra de Cervantes pero tamén coa biblioteca, Formación de Usurarios e ALFIN.
Unha actividade que resultou moi entretida e a próxima semana realizaremos cos demais cursos de primaria.

2/4/18

DÍA DO LIBRO INFANTIL- GÚSTANOS LER ... E QUE?

Día do libro 2018 from MisisRoller on Vimeo.

Conmemoramos o Día do Libro Infantil con Manuela, Emma, Carmen e Adrián. Son de 6º e fálannos dos seus libros favoritos. Grazas pola vosa colaboración!

5/10/16

OS NENOS E NENAS DE 6º VAN IR Á ENGLISH WEEK

Doce nenos e nenas de  6º curso de Educación Primaria van participar en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week,


 O lugar onde se realizará a actividade de inmersión lingüística "English week" será no Centro de Inmersión Lingüística Peares (Carballedo- Lugo)  do 23 ao 29 de outubro.
1. O obxectivo principal deste programa é proporcionar ao alumnado participante unha actividade de inmersión lingüística que lles permita mellorar as súas destrezas de com­prensión e expresión oral en lingua inglesa, a través de actividades non só académicas senón tamén de carácter cultural e/ou deportivo, que servirán de reforzo ao programa ordi­nario do currículo dos alumnos e das alumnas.
2. O desenvolvemento das actividades terá lugar en períodos semanais. O comezo da actividade terá lugar un domingo pola tarde e a saída o sábado seguinte pola mañá.
3. As actividades desenvolveranse entre os meses de novembro e decembro de 2016.
4. O contido dos cursos inclúe un programa de actividades académicas, de tempo libre e obradoiros. En calquera caso, a finalidade do programa é promover a convivencia entre o alumnado e a motivación pola comunicación en lingua inglesa, facendo uso de medios tecnolóxicos que favorezan a devandita aprendizaxe.

5. A metodoloxía será activa, lúdica e cooperativa; promoverá aprendizaxes significati­vas por parte do alumnado, incidindo na educación en valores democráticos e nos aspec­tos relacionados coa sustentabilidade e coñecemento do contorno.

11/5/16

BUSCANDO A CERVANTES


busca tesouro cervantes - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Para conmemorar o Mes dos Libros organizamos unha busca do tesouro sobre Cervantes.Os nenos e nenas de 5º e 6º foron quen de resolver as preguntas sobre a vida e obra de Cervantes na biblioteca.
Previamente tiveron que apuntarse e investigar sobre o escritor.
As probas consistiron en preguntas de busca pola biblioteca, liña do tempo, mapas, consulta na CDU, escribir obras de Cervantes, buscar libros sobre as obras do escritor...
Os grupos que lograron resolver todas as preguntas correctamente e en menos tempo foron os gañadores.
Estas fotos son dos alumnos/as de 6º curso de primaria e que tiveron a sorpresa de Luke, o noso auxiliar de conversa durante o curso 2012-2013 que estivo no colexio con motivo da súa visita a Viveiro.

18/12/15

MERCADILLO SOLIDARIO EN GERIATROS PARA O BANCO DE ALIMENTOS


mercadillo solidario en Geriatros2015 - Kizoa Movie Maker
Participamos no Mercadillo Solidario celebrado en Geriatros para recaudar fondos para o Banco de Alimentos.
Os nenos e nenas de 6º, 4º e 3º de Primaria doaron os traballos feitos nas clases de Plástica. Había moitos bonecos de neve feitos con calcetíns e arroz, tarxetas de nadal , bolsas para os agasallos...
Ademais colaboraron outros centros educativos como o CEP Lois Tobío e o EEI San Roque ,asociacións como ASPANANE...
Os nenos e nenas de 6º foron de visita ao mercadillo e compraron unha morea de cousas e colaborar a facer máis doada a vida dos que non teñen dabondo para comer.
Grazas aos nenos e nenas que colaboraron con estes fantásticos traballos!