24/2/21

RAP DE ROSALÍA

 

 Preme na imaxe

Os nenos e nenas de 6º fixeron este video-rap sobre a vida e obra de Rosalía de Castro.

Así homenaxeamos á nosa escritora máis universal.

 


 



21/2/21

DÍA DE ROSALÍA- XOGOS SOBRE A VIDA E OBRA DE ROSALÍA

Canto sabes sobre Rosalía de Castro?
Vida e obra de Rosalía

Proba os teus coñecementos sobre a nosa autora máis universal con estos xogos: unha ruleta de palabras e un xogo de memoria.

Podes atopar información sobre Rosalía premendo na súa foto.

 

 Sorte! 

20/2/21

24 FEBREIRO- DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Recursos para traballar sobre Rosalía de Castro

        No Portal da Lingua Galega, no espazo dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega, aparecen recursos  moi útiles para facer un interesante repaso da vida e obra de Rosalía de Castro como:


  • O genially, elaborado por  un grupo de mestres/as dos equipos de EDLG de varios centros de ensino




  •  E  o vídeo  Tik Tak Draw que o Equipo de Dinamización Lingüística do Colexio San Pío X de Ourense, logo de pedir a autorización dos  seus ilustradores, dobrou ao galego, coa voz de Uxía Salgado, alumna de 6.º de Primaria.Contando coa axuda da Fundación Rosalía de Castro e outros membros dos EDLG de Galicia.





10/2/21

11 FEBREIRO- DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 Queremos homenaxear a todas as Mulleres científicas e as Nenas que queren ser científicas no futuro.

 

Gustaríanos que veras este video da campaña #NoMoreMatildas da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas para denunciar o Efecto Matilda e recoñecer os logros das mulleres científicas. 

Logros que  foron atribuìdos aos colegas masculinos. 

 

 Este é o video que fixeron as nenas de 6º de primaria do cole contándonos a loita das mulleres para poder exercer  o seu traballo en tempos nos que facer unha carreira científica era un reto.

Esperamos que vos guste! 



Imos compartir con vós este xogo sobre mulleres científicas.

Grazas a Reyes de la Nava.

 
Para axudarche un pouco, aquí tes información delas:
                 



Mary Agnes Chase
Katherine Jonhson
Ada Lovelace
Rachel Carson
Rosalind  Franklin

Jane Goodall



Lynn Margulis