Mostrando entradas con la etiqueta remexe remexe. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta remexe remexe. Mostrar todas las entradas

17/4/23

Actividades sensoriais con letras!!!!!!

 As letras translúcidas podémolas atopar en maiúsculas e en minúsculas. Con elas  traballamos a lectoescritura con exercicios como ordenar o abecedario, correspondencia entre maiúscula e minúscula, composición de palabras… 

Neste caso cada neno e cada nena escribiu o seu nome!!!



A fariña resulta ideal para escribir e/ou facer debuxos sobre ela, desenvolvendo así a motricidade fina. A mesa de luz ten a posibilidade de cambiar de cor en 16 tonalidades diferentes polo que os debuxos adquiren diferentes matices segundo a cor na que se esté traballando. Neste caso, cunha bandexa de experimentación con fariña debuxamos có dedo.




15/2/23

Xogos sensoriais Montessori!!!!!

Unha das áreas que máis nos gustan do método Montessori é a vida Práctica. Nela os nenos desenvolven habilidades que poderán aplicar na vida real, mentras que, exercitan a sua capacidade motora e sensorial. Un dos exemplos son as actividades de trasvase en seco. 

Os exercicios iniciais enfócanse na transferencia de elementos dun contenedor a outro, incentivando a coordinación viso-motora, a rotación da man e a concentración.



Na seguinte actividade os nen@s teñen que colocar cada punto na cor que lle corresponde. A través dela, desenvolven o pensamento lóxico ao clasificar e ordenar. Favorece o xogo simbólico e a imaxinación á vez que traballan a motricidade fina a través da manipulación.








15/11/22

Actividades sensoriais de outono!!!!

Bo día:

Coa chegada do outono observamos como a nosa paisaxe vai trocando. As follas das árbores caen e é o momento axeitado para pasar un ratiño no patio recolectando diferentes follas

A través da observación e exploración, nenos e nenas, aprenden sobre cómo vai cambiando a estación e a paisaxe e sobre todo, coñecer os diferentes tipos de follas e as súas partes. 

Nesta actividade o alumnado debuxou unha folla moi bonita en papel de forno, ideal para debuxar na mesa de luz e calcar.