Mostrando entradas con la etiqueta contexto humanístico. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta contexto humanístico. Mostrar todas las entradas

8/11/23

Novembro, Mes da Ciencia 2023

 No contexto Humanístico do terceiro ciclo da primaria estiveron traballando as misións espaciais, en concreto a "Misión Apolo 11¨.

Dentro do recanto Vivimos en Sociedade o alumnado traballou sobre un artigo que abordaba "As mulleres detrás da misión Apolo 11"





26/5/23

Formación de usuarios no tratamento da información!!!

No contexto humanístico estiveron investigando sobre personaxes que fixeron historia. Entre as distintas actividades que realizaron tiveron que localizar nos andeis da Bibiblicovas o libro de Nieves Concostrina "La historia en apuros" e traballar sobre unha das figuras que trata. 🧐📖📝

A lectura encantoulles por ser dinamica e orixinal e achegar a historia e a biografía de personaxes histórico un xeito moi divertido😍😍😍😍😍😍







11/2/23

Día da muller e da nena na ciencia

O contexto humanístico e o contexto científico estiveron traballando esta festividade con propostas moi interesantes O noso alumnado de 3º e 4º creou unha brúxula que lles permitiu orientarse polo colexio puidendo observar como sempre marcaba o norte magnético.
Primeiro cortaron o corcho nunha lámina duns 12 milímetros de grosor, despois frotaron a punta dunha agulla cun imán sempre no mesmo sentido unhas 50 ou 60 veces para que a agulla se imantase. A continuación, pegaron a agulla con cinta adhesiva ao trozo de corcho. Encheron o recipiente de auga e depositaron o corcho coa agulla para que flotase. Puideron ver como a auga xiraba ata apuntar ao norte magnético da Terra.
No contexto científico intentamos coñecer de primeira man o importante que son as ciencias, a súa utilidade, e o divertidas que poden chegar a ser. E agora máis que nunca achegala ás nenas, xa que aínda existe a creenza de que as ciencias son máis para homes que para mulleres... Nestas fotografías podemos ver as ganas de aprender, de experimentar, investigar... que teñen todos os nenos e nenas dende pequenos. Que non hai que esconderse detrais de estereotipos sexistas.
O que están a facer é unha disección dun fígado de polo para comparalo co dun humano. Mentres tanto os outros grupos fan unha presentación e exposición sobre un sistema do corpo humano, e un cuarto que se convirten en doutores e doutoras por un día.

       

2/2/23

O Principiño no contexto humanístico!!!!

No contexto humanístico chegou a quenda da xeografía!!!! 👏👏👏👏👏👏

Pero... que é un xeógrafo?🧐🗺️

Para profundizar no coñecemento desta profesión tan apaixoante tivemos unha axuda de alturas!!!!! 

O Principiño 😍😍😍😍😍😍




9/11/22

Mes da Ciencia, Contexto Humanístico 3º e 4º

No contexto Humanístico do segundo ciclo están a traballar o sistema solar a través dunha aplicación 4D que permite escanear tarxetas espaciais e ser testemuña de como o espazo cobra vida ante os seus ollos😍😍😍😍😍😍

ATENCIÓN!!!!!!