Mostrando entradas con la etiqueta Heraldo de Vivero. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Heraldo de Vivero. Mostrar todas las entradas

24/3/19

SEMANA DA PRENSA- VISITA DO DIRECTOR DO HERALDO DE VIVEIRO

Celebramos a semana da prensa con moitas actividades que fixemos nas aulas. Os nenos e nenas aprenderon as diferentes seccións dun xornal, elaboraron noticias, leron a prensa tanto impresa como dixital, en diferentes idiomas... Como broche final tivemos a visita do director do Heraldo de Vivero, Juan Carlos Neira.
El Heraldo de Vivero é un xornal semanal que se publica en Viveiro dende o ano 1912.
 O alumnado de 5º e 6º estivo moi atento as explicacións de Juan Carlos, que lles contou o proceso de elaboración das noticias a partir da vivencia personal dun alumno e entre todos foron creando a noticia ata que saiu no xornal.
Os nenos e nenas fixeron unha morea de preguntas e disfrutaron coas anécdotas que lles contou o director do xornal. Esta visita forma parte das actividades que se están a desenvolver dentro do PDI "Descubrindo Viveiro" e que estamos a traballar dende a biblioteca.


12/3/14

SEMANA DA PRENSA


semana da prensa-Heraldo de Vivero - Video Maker
Comezamos a Semana da Prensa no colexio coa visita de Juan Carlos Neira, director do xornal "El Heraldo de Vivero", o único xornal que se publica no noso concello. Asistimos as clases de 2º e 3º ciclo. Juan Carlos contounos moitas cousas relativas ao proceso de elaboración dos xornais: o papel empregado, as máquinas, tipos de xornais, de noticias e seccións... Relatounos anécdotas e as noticias máis importantes que publicou no Heraldo que dirixe: a aterraxe na praia de Covas de dous avións, a saída do Titanic en 1912, o descubremento dos restos do naufraxio do bergantín Palomo e a fragata Magdalena... Tamén nos falou do papel tan importante dos xornalistas á hora de coñecer o que acontece no mundo e que todos nós somos un pouco xornalistas porque contamos aos demais as cousas que pasan.

20/9/13

VISITA Á EXPOSICIÓN "100 ANOS DO HERALDO DE VIVERO"

Os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria foron visitar a exposición
 “100 anos do Heraldo de Vivero” sobre a imprenta e sobre a historia do semanario de Viveiro “El Heraldo de Vivero” que celebra o seu centenario.
En dita exposición poideron seguir as explicacións do director do xornal Juan Carlos Neira sobre as diferentes máquinas que utilizaban para imprimir antes da chegada dos ordenadores: unha máquina impresora, unha guillotina, os moldes dos difererentes tipos (letras) que usaban para compoñer as palabras coa máquina de tipografía...e foron agasallados cunha cartulina impresa manualmente co debuxo que representa o centenario.
Ademais poideron ver vellos exemplares do Heraldo incluído o primeiro número do xornal do ano 1912.