Mostrando entradas con la etiqueta alimentación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta alimentación. Mostrar todas las entradas

3/4/14

ACTIVIDADES LIM SOBRE A ALIMENTACIÓN

Seguindo co noso proxecto sobre a alimentación, aquí tedes unha serie de actividades sobre a alimentación saudable.
Inclue a pirámide alimenticia, tipos de alimentos... para comer dunha maneira sa e medrar de forma saudable.

27/3/14

O HORTO ECOLÓXICO


A finais do curso pasado empezou a tomar forma o pequeno horto ecolóxico do noso cole.
O primeiro paso foi valar o fronte;  logo, coa axuda dos pais /nais, removeuse a terra; e, por fin, neste mes de marzo sementáronse uns repolos e unhas patacas.
Este é o principio do que esperamos sexa un novo e proveitoso  recurso educativo para  @s nos@s nen@s.

1/3/14

OS NEN@S DE 3º COMIMOS PAN

Os nenos e nenas de 3º de primaria fixemos unha degustación de diferentes tipos de pan.
Comimos: pan do país, de centeo, de trigo e baguette. Aprendimos a diferencialos pola cor, textura e sabor.
Con esta actividade seguimos a traballar no proxecto monográfico sobre a alimentación "A que saben os libros?".

10/2/14

LIBRO ABECEDARIO DE ALIMENTOS POLA PAZ

Os nenos e nenas do centro elaboraron un abecedario de alimentos pola paz. Esta é unha das actividades que desenvolvemos no proxecto monográfico sobre a alimentación saudable.

8/2/14

A QUE SABEN OS LIBROS?


Este é o título do proxecto monográfico para o 2º e 3º trimestre. 
Está adicado á alimentación e como obxectivo fundamental queremos "fomentar a alimentación saudable entre os nenos e nenas do colexio".


Outros obxectivos:  
-Recoñecer os alimentos saudables.
 -Promocionar hábitos saudables de alimentación.
 -Fomentar o consumo de froitas e verduras. 
-Coñecer e consumir alimentos da zona. 
-Coñecer distintos tipos de platos típicos tanto de Galiza como doutros países (no centro temos nenos e nenas de diferentes países) e culturas. 
-Fomentar a colaboración dos nenos e nenas coas familias na preparación da comida.
 Actividades suxeridas:
 -Realizar un libro de receitas de pratos típicos doutros países, doutras zonas de España, de Galiza e doutras culturas. 
-Colaborar coas tendas da zona para elaborar etiquetas cos nomes dos alimentos en galego.
 -Poñer en marcha o Horto escolar.
 -Adicar o Día da Arte Galega á pintura de bodegóns. 
-Recitar poemas de Rosalía adicados á comida. 
-Participar no Plan Proxecta "Aliméntate ben" para o consumo de froitas frescas. 
... e moitas máis.