Celebramos as Xornadas de Abn para 1º, 2º e 3º de Educación Primaria, dentro do programa Lectura e Familias, con moi boa acollida .
Felices de ver á nosa comunidade educativa participando da bibliocovas !!!!!

CEIP PLURILINGÜE de COVAS-VIVEIRO (LUGO)
Celebramos as Xornadas de Abn para 1º, 2º e 3º de Educación Primaria, dentro do programa Lectura e Familias, con moi boa acollida .
Felices de ver á nosa comunidade educativa participando da bibliocovas !!!!!

Este curso iniciamos o programa Lectura e Familias coa metodoloxía Abn empregada no noso cole de desde a Educación Infantil ata o 3° curso de Educación Primaria.
Abrimos o espazo creativo da nosa renovada Bibliocovas para que as familias dos cursos de primaria podan compartir e crear experiencias abenizadas xunt@s.
A experiencia promete!!!! 🥰🥰🥰🥰🥰

Aquí vos deixamos as Recomendacións Lectoras de Lolo para o este Nadal.
E Lembrade que ...
O mellor agasallo sempre é un libro!!!!
Hoxe tivemos a visita de María Loureiro, Alcaldesa de Viveiro e Senén Picos, Xefe da Policía Local.
Unha representación da nosa Patrulla da Mobilidade estudiou a problemática do noso cole perante o tráfico. Acumúlanse coches na porta e estamos nunha rúa sin saída o que leva consigo un grande perigo para a seguridade do noso alumnado e un grave probema en caso de evacuación, xa que sería totalmente imposible acceder ao centro por parte dos sevicios de emerxencias.
O aumnado elaborou unha entrevista e rematou a reunión cun compromiso de colaboración por parte das autoridades.
Estamos Felices!!!!!!
Como xa vos contamos no Plan anual de lectura, o Proxecto Documental Integrado que o CEIP Plurilingue de Covas inicia este curso chámase "Covasmola".
Para o título xogamos con dúas palabras e sustentámola sobre tres elementos básicos:
Covas + mola contén, ademais do nome do cole e da nosa educación unha palabra "molona" que, ao mesturalas proporciónannos:
A que vos gusta o noso logo!!!!!!
Fíxono unha mamá molona da nosa comunidade educativa e xa o temos pendurado da fachada do cole.
E xa sabedes, si queredes saber máis, consultade o noso plan anual de lectura que temos publicado neste blogue .