Mostrando entradas con la etiqueta mulleres. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mulleres. Mostrar todas las entradas

19/3/24

Robótica: Mulleres relevantes

No recanto de robótica o alumnado de educación Infantil traballaron a vida e obra de mulleres relevantes empregando robotas e mesiñas de luz

















9/3/21

TEMOS MOITO QUE CHUFAR ÁS NOSAS MULLERES


Celebramos o #8M!
Aquí tedes o video feito cos traballos do alumnado do cole nos que "chufan" (eloxian) ás mulleres da súa familia. 
 Todos os nenos e nenas adicaron preciosas palabras nunha pequena homenaxe a esas mulleres tan especiais e importantes nas súas vidas.

 

10/2/21

11 FEBREIRO- DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 Queremos homenaxear a todas as Mulleres científicas e as Nenas que queren ser científicas no futuro.

 

Gustaríanos que veras este video da campaña #NoMoreMatildas da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas para denunciar o Efecto Matilda e recoñecer os logros das mulleres científicas. 

Logros que  foron atribuìdos aos colegas masculinos. 

 

 Este é o video que fixeron as nenas de 6º de primaria do cole contándonos a loita das mulleres para poder exercer  o seu traballo en tempos nos que facer unha carreira científica era un reto.

Esperamos que vos guste! 



Imos compartir con vós este xogo sobre mulleres científicas.

Grazas a Reyes de la Nava.

 
Para axudarche un pouco, aquí tes información delas:
                 



Mary Agnes Chase
Katherine Jonhson
Ada Lovelace
Rachel Carson
Rosalind  Franklin

Jane Goodall



Lynn Margulis

8/3/20

8M-DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Celebramos o Día da Muller Traballadora escribindo sobre mulleres imprescindibles: científicas, matemáticas, escritoras, investigadoras...
Cada clase escolleu unha/unhas sobre a cal investigou escribindo e debuxando sobre unha silueta negra.