Mostrando entradas con la etiqueta Xogos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xogos. Mostrar todas las entradas

24/3/19

SEMANA DA PRENSA- EMPREGAMOS OS XORNAIS PARA DISFRAZARNOS E XOGAR

Entre as actividades que levamos a cabo durante a Semana da prensa, na área de Educación Física facemos disfraces cos xornais vellos e os nenos e nenas aprenden a reciclar e traballar de maneira cooperativa.
 Tamén xogamos empregando os xornais como material lúdico: carreiras cos xornais pegados, como cesta para xogar coa pelota, como raqueta... a imaxinación dos nenos e nenas é imparable.

4/11/15

CELEBRANDO O HALLOWEEN

Como o día de Halloween non tivemos cole, hoxe fixemos unha pequena festa coa participación de todo o centro. Cantamos a canción "Trick or treat" que nos ensinou Margaret, a nosa auxiliar de conversa e o curso de 6º de primaria xogou a "Vestir a momia" con rollos de papel hixiénico. Os nenos e nenas de 6º disfrazados de demos, vampiros, zombies... axudaron aos máis pequenos a facer corros e a cantar a canción. Os días anteriores decoramos o colexio coa bruxa feita cunha cabaza, con morcegos feitos con origami e algúns nenos e nenas fixeron máscaras de medo. Na clase de inglés fixemos xogos  de Halloween en grupos.

13/9/11

XOGOS DO MUNDO (continuación)

O luns comezamos o cole e celebramos os XOGOS DO MUNDO que non rematamos en xuño por culpa da choiva.
Contamos coa axuda dos EX-ALUMNOS de 6º que fixeron de Monitores e aos que damos as grazas e desexamos que na ESO lles vaia tan ben como no noso colexio e que sempre gardaremos un bo recordo de todos eles.
Aquí quedan estas fotos e como comezo do curso... non estivo nada mal.


28/2/10

TriviRal



O estupendo blog EduTICprimaria tráenos o TriviRal , un xogo educativo, baseado no popular Trivial, que se xoga directamente na pantalla do ordenador sen ningún tipo de instalación.

Tódalas preguntas refírense aos seguintes temas: ciberbullying (acoso a menores), grooming (acoso sexual por adultos), software malicioso (virus, troyanos e espías).

Este xogo en liña forma parte da campaña de concienciación “Por una internet segura”, promovida polo “instituto nacional de tecnologías de la comunicación” e dirixida aos menores.