O Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) é unha unidade da Garda Civil en España, encargada da conservación da natureza e os recursos hidráulicos, así como da riqueza cinexética, piscícola, forestal e de calquera outro mester relacionado coa natureza.
Creado no ano 1988 e reorganizada no ano 2000, o SEPRONA ten a misión de evitar agresións ó medio ambiente, e a de protexer os bens mobles e inmobles catalogados como Bens do Patrimonio Histórico en todo o territorio español e no seu mar territorial, incluída a preservación de especies protexidas e ameazadas.
Roberto, un garda civil que realiza o seu traballo na unidade de investigación, explicou aos nenos e nenas de primaria as funcións que realizan, as diferentes unidades que hai (Servizo de incendios, de montaña, de investigación...) e como podemos axudar para protexer a natureza.
Os nenos e nenas fixeron moitas preguntas e estiveron moi interesados na charla demostrando que saben que hai que coidar da natureza.
Mostrando entradas con la etiqueta SEPRONA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SEPRONA. Mostrar todas las entradas
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)