Mostrando entradas con la etiqueta formación de usuarios 23-24. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta formación de usuarios 23-24. Mostrar todas las entradas

15/3/24

Semana da prensa

No contexto lingüístico do terceiro ciclo traballamos a prensa convertíndonos en xornalistas. Traballamos a prensa escrita a través dos xornais impresos e dixitais, elaboramos noticias en papel, deseñamos un diario dixital, e incluso fixemos entrevistas de radio para a Radiocovas co seu traballo de documentación previo nos fondos da Bibliocovas













23/10/23

MOCHILA VIAXEIRA DE 3 ANOS

A Mochila viaxeira dos nenos e nenas de tres anos xa viaxa polas casas. 

Lecturas para compartir cos mais pequerrech@s e pasar un rato en familia.



16/10/23

Pequeno azul e pequeno amarelo!!!!

Como cada venres, os nenos e nenas de tres aniños  visitaron a biblioteca da escola. Nesta ocasión escoitaron un conto que ten por título "Pequeno azul e pequeno amarelo" da editorial Kalandraka. Unha historia que lles descubriu como facer a cor verde. 

Na biblio creativa, coa mesa de luz, papel celofán azul e amarelo e as témperas puxeron en práctica o conto.

Encantoulles o descubrimento!!!!!

Na visita tamén tiveron tempo para seguir explorando libremente algún recanto da biblioteca 😍😍😍😍😍😍











10/10/23

Voltaron os de 3 aniños!!!!

Aos nenos e nenas de 3 anos encantoulles a Bibliocovas así que non tardaron moito el voltar!!!!

Lolo seguiu amosándolle a sua casa e os seu libros para que poidan atopar as súas lecturas favoritas. Nesta ocasión agasallounos cunha foto súa para que a colorearan.

Por certo, volverán todas as semanas!!!!!






5/10/23

Formación dos usuarios máis peques!!!!

Lolo está contentísimo porque os nenos e nenas de 4º de infantil xa viñeron á Bibliocovas!!!!

Xa coñecen ao paxaro que maxicamente deixa os contos e os libros na súa aula para que  disfruten deles.

En breve tamén poderedes levar libriños para a casa para ler coas vosas familias