O luns celebramos o Magosto no colexio. Durante estes días todos os nenos e nenas fixeron diferentes manualidades con froitos e materiais desta época: noces, castañas, follas...
A exposición dos traballos e de produtos típicos desta época é espectacular con traballos moi creativos.
Como tamén foi o DÍA DO PEÓN, os nenos e nenas decoraron os seus das maneiras máis orixinais.
A ANPA colaborou con nós asando as castañas que trouxeron os nenos e nenas.
Tamén se encargaron de repartilas xunto con noces e zume ou auga.
Algúns alumnos/as (dos maiores) axudaron aos nenos e nenas de infantil a pelar as castañas.
Juan, o conserxe, asou castañas da maneira tradicional.
Despois o alumnado de 6º leu o Manifesto do Peón e acto seguido houbo unha exhibición bailando os peóns por parte dos nenos e nenas.
Katie tamén probou a bailar o peón sen moito éxito.
Mostrando entradas con la etiqueta día do peón 2013. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta día do peón 2013. Mostrar todas las entradas
13/11/13
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)