Mostrando entradas con la etiqueta Día Internacional do Pobo Xitano. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día Internacional do Pobo Xitano. Mostrar todas las entradas

8/4/26

Inaugurada a exposición "Historia e cultura do Pobo Xitano"

8 de abril, Día Internacional do Pobo Xitano, a Bibliocovas vístese de gala sempre pola inclusión.

A Bibliocovas, da man da coordinadora de Escolarización da poboación marxinal da Xefatura Territorial de Educación de Lugo, xunto coa Asociación de Enseñantes con Gitanos, a Asociación de promoción e Integración Gitana de Lugo e a Fundación Secretariado Gitano, organizo esta exposición que leva por título "Historia e cultura do pobo xitano" co obxectivo de achegar e difundir a cultura xitana entre a comunidade educativa.

Desde a Bibliocovas estamos a dedicar este mes de abril, o mes dos libros, ás familias e sentimos a necesidade de darlle un espazo ás familias xitanas que forman parte da nosa comunidade e que mellor día que o seu, o Día Internacional do Pobo Xitano. 

Hoxe na súa inauguración estivemos acompañados por Servizos Sociais e representantes do Concello, Inspección  Educativa, traballadora social do consorcio galego de igualde e benestar da Xunta de Galicia, directores e compañeiros doutros centros, e como non das nosas familias xitanas e antigos alumnos que fixeron deste día unha festa da tolerancia e a diversidade. Sentimos de corazón as palabras do seu pastor cheas de orgullo, respecto e responsabilidade como transmisores dunha cultura milenaria.

A todos e todas GRAZAS!!!! Foi todo un desafío para nós que fixéchedes posible pola vosa entrega.

Aquí deixamos algúns momentos que deixarán semente...



















A exposición tamén conta con audios explicativos de cada un dos paneis que se poden escoitar nesta tablet así como como con enquisas para os visitantes.





14/4/24

8 de abril, Día Internacional do Pobo Xitano

O pasado 8 de abril foi o Día Internacional do Pobo Xitano. Para celebralo realizamos diferentes actividades.
O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria traballou o conto titulado “Alma” no contexto lingüístico. A protagonista deste conto é unha nena xitana, que non para de facerse preguntas sobre a súa identidade.


Despois de ler o conto, o alumnado elaborou unha entrevista con preguntas e coas posibles respostas que daría Alma se a entrevistaran.




Finalmente, gravaron a entrevista e este foi o resultado.


Tamén houbo un momento artístico moi especial.


Estas actividades enmárcanse dentro do Contrato Programa Inclúe QUÉDA-T.