Dentro da campaña escolar Mares de cultura, os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria foron visitar a granxa de corais Coral Reef Water en Viveiro.
Primeiro tiveron unha presentación con Carlos, que lles falou da vida no mar, tipos de animais e características deles. Tamén vimos diferentes tipos de corais e como coidar o medio mariño para salvar os arrecifes de coral.
Despois visitaron a granxa onde están as plantas de coral, os diferentes peixes que viven con eles, da supervivencia dos corais, que necesitan para sobrevivir...
Finalmente Vanesa ensinoulles un acuario con diferentes corais e peixes. Os nenos e nenas fixeron unha morea de preguntas. Foi unha visita moi interesante!
Mostrando entradas con la etiqueta granx corais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta granx corais. Mostrar todas las entradas
19/11/18
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
