31/5/18

ESPERTANDO O MAIO- Proxecto colaborativo entre varios centros educativos de Viveiro

Este ano o proxecto de Voz Natura ten como título "Espertando o Maio" e ten como obxectivos:
 -Dar a coñecer a festa dos Maios e as súas características.
 -Recuperar a tradición de celebralos na nosa escola.
 -Os Maios en Viveiro.
-Participar en colaboración con outros centros da zona na celebración dos Maios polas rúas do noso pobo.
-Participar nunha exposición conxunta relacionada cos mesmos con murais e manualidades feitas polos nenos.
 En marzo empezamos a sementar plantas ornamentais co fin de ter flores para levar para a casa e para a festa dos Maios. A partir de abril recollimos flores do campo que puxemos a secar para a elaboración de cadros, marcapáxinas... Preparamos e ensaiamos as cantigas dos maios de Viveiro que cantamos o día do desfile polo pobo. Fixemos murais, cadros e outras manualidades para a exposición conxunta dos catro centros que colaboramos neste proxecto: EEI San Roque, CEIP Plurilingüe Santa Rita de Galdo, CEIP de Celeiro e o noso colexio.


 
ESPERTANDO O MAIO from MisisRoller on Vimeo.


24/5/18

PROXECTO DE PLÁSTICA- FACENDO UN BOOKTRAILER

Os nenos e nenas e 6º na área de plástica están a facer un booktrailer do libro   "Escarlatina a cociñeira defunta" de Ledicia Costas.
Gustoulles moito o libro e a tarefa final consiste en crear un video axudados por Colin, o auxiliar de inglés co vocabulario e a pronunciación.
A clase dividímola en equipos e cada un traballou nunha sección: facendo os decorados, debuxando os personaxes, o guión, gravando as voces e efectos especiais, gravando as escenas e editando o video.

Empregaron aplicacións para tablets e programas de ordenador como: GIMP, Audacity, Open Shot Editor...


BOOKTRAILER .Escarlatina, a cociñeira defunta from MisisRoller on Vimeo.




Making a booktrailer from MisisRoller on Vimeo.

23/5/18

HORTO ESCOLAR


Horto escolar 18

Obxectivos relacionados co horto

Coñecer os beneficios que nos proporcionan as plantas ornamentais.
Recoñecer os diferentes tipos de ornamentais que existen.
Facer unha listaxe de plantas ornamentais en relación con Galicia.
Concienciar da cantidade de posibilidades que nos ofrece a natureza para o noso benestar físico e psíquico.
Fomentar o traballo en equipo facendo aos alumnos partícipes na organización das diferentes labores do horto.
Aprender a cultivar e coidar o xardín
Animar aos alumnos a ter un pequeno xardín na casa porque é san e económico.
Fomentar unha verdadeira educación ambiental na escola.

Desenrolo do proxecto para o curso 17-18

Setembro: Recolección dos froitos que quedaban na terra.

Outubro: Intentamos desfacernos dunha planta invasora que se apoderou do noso horto. Resultou misión imposible.

Marzo:  Comezamos a facer sementeiros na nosa mesa de traballo. Fóra era imposible saír, debido ás inclemencias do tempo e as características do noso horto.

Abril: Os nenos e nenas máis pequenos plantaron Gladiolos e Liliums, que levarán logo para a casa.
Os de 5 anos sementaron e trasplantaron Tagetes que tamén levarán  para a súa casa cando medren.
Maio: Os máis grandes están traballando fóra, ahora que o tempo o permite. Pero a verdade é que vai todo un pouco atrasado.

Obxectivos relacionados cos Maios

Dar a coñecer a festa dos Maios e as súas características.
Recuperar a tradición de celebralos na nosa escola.
Os Maios en Viveiro.
Participar en colaboración con outros centros da zona na celebración dos Maios polas rúas do noso pobo.
Participar nunha exposición conxunta relacionada cos mesmos con murais e manualidades feitas polos nenos.
   
Desenrolo do proxecto

Como xa  dixemos, en marzo empezamos a sementar plantas ornamentais co fin de ter flores para levar para a casa e para a festa dos Maios.
A partir de abril recollimos flores do campo que puxemos a secar para a elaboración de cadros, marcapáxinas...
Estamos preparando e ensaiando as cantigas que se van cantar o día do desfile polo pobo.
Tamén estamos preparando murais, facendo cadros e outras manualidades para a exposición conxunta.

22/5/18

BIBLIOPATIO

Por fin o sol deixouse ver e poidemos poñer en marcha o BIBLIOPATIO. Os nenos e nenas colaboradores da biblioteca baixaron ao patio cun carrito cheo de libros e invitaron aos nenos/as a ler durante o tempo de lecer. O bibliopatio tivo máis éxito co alumnado de infantil e algúns nenos e nenas deixaron os xogos por un cachiño e sentaron a ler durante o recreo ou tiveron a sorte de que foran os colaboradores quen lles leran a eles.

BIBLIOPATIO from MisisRoller on Vimeo.

13/5/18

LETRAS GALEGAS 2018- Mª VICTORIA MORENO MÁRQUEZ

http://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas 

Premendo na imaxe atoparedes diferentes materiais en versión dixital e recursos sobre a homenaxeada.


LETRAS GALEGAS 2018 - MATERIAIS PARA TRABALLAR CON Mª VICTORIA MORENO


Material elaborado polos GT do SEMINARIO GALÁN  sobre Mª VICTORIA MORENO. Hai todo tipo de actividades para infantil e primaria: actividades interactivas, biografía en lingua de signos, cuestionarios, carteis, marcapáxinas, actividades LIM,  "A festa no faiado" teatralizada...

Preme na imaxe para ir á páxina do SEMINARIO GALÁN.

11/5/18

MICRORREDE DA MARIÑA- A MARIÑA PENSANDO EN FEMININO

Xa rematou a exposición conxunta dos traballos dos nenos/as dos 14  centros educativos da Microrrede da Mariña que tivo lugar na Biblioteca Municipal  e na Sa de usos múltiples do Concello de Viveiro.
Durante 4 días a exposición estivo aberta ao público en xeral e  houbo actividades dinamizadoras: actuación de Guadi Galego, performance de LAG, coros de nenos e nenas dos distintos centros, actuación de Adala coa obra "Mamasiña que medo", actuación de as Moreninhas de Burela e presentación de libros de Rita Morrigan.

 Se queredes ver fotos e videos, premede en MICRORREDE DA MARIÑA ou preme na imaxe

MICRORREDE DA MARIÑA- EXPOSICIÓN NO COLE (A MIÑA...)

A MARIÑA PENSANDO EN FEMININO

MICRORREDE DA MARIÑA- EXPOSICIÓN NO CEIP PLURILINGÜE DE COVAS

Estas son as fotos da exposición no centro do proxecto da Microrrede da Mariña "A MARIÑA PENSANDO EN FEMININO".
No noso centro o tema levou por título "A MIÑA..." e os nenos e nenas axudados polas súas familias realizaron uns traballos preciosos sobre unha figura feminina que fora especial para eles. Por goleada gañaron as nais!!
Grazas a todos os que colaboraron na actividade.

9/5/18

BUSCANDO A CERVANTES POR 5º DE PRIMARIA


buscando a Cervantes 5º

Seguindo coa busca do tesouro "Buscando a Cervantes" tocoulles o turno aos nenos e nenas de 5º de primaria.
Coas mismas pistas que tiveron en 6º, trataron de resolver todas as preguntas relacionadas coa biografía de Cervantes, coa formación de usuarios da biblioteca e busca e tratamento da información dixital.
Fixéronno moi ben e desfrutaron dunha actividade diferente na biblioteca.

SEMANA DA LECTURA "NÓS SOMOS OS CONTACONTOS"

Semana da lectura "Nós somos os contacontos" 2018

Para celebrar o mes dos libros, todos os nenos e nenas foron "contacontos" e dramatizaron, contaron, leron... contos ou obras de teatro aos compañeir@s.
Empregaron o Kamishibai os nenos/as de 2º e 5º con marabillosos debuxos.
Os nenos e nenas de 1º empregaron máscaras e o resultado foi un éxito. Tamén os de 4º decidiron facer obras de teatro que fixeron estupendamente.  Os de  5 anos contaron unha historia empregando monicreques de cartulina.
Tamén houbo lectura de poemas, lectura de historias...
Durante unha semana na hora de ler polos corredores do colexio unha morea de nenos e nenas que ían para as clases dos compañeir@s ou para a biblioteca con nervios que lles supón actuar para un público tan esixente pero tan agradecido como son os demais nenos e nenas do cole.