Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca creativa 25-26. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca creativa 25-26. Mostrar todas las entradas

19/6/26

Agasallos de Graduación

Para a Graduación de sexto o alumnado e o equipo da Bibliocovas deseñaron unhas medallas, co seu nome e promoción, que cortaron e gravaron na cortadora láser. Imprimiron na 3D o 2026, ano da Graduación, e colgárono do recordo que lles fixo o cole. Por último, e o máis emotivo, foi a camiseta coa foto do alumnado e os seus nomes.

Fixemos a foto na entrada do que sempre será o seu cole!!!

Moita sorte na nova etapa. Sode moi molóns e molonas!!!



























                             



12/6/26

Recomendacións de verán 2026

Chegan por fin as vacacións, e con elas, desde a Bibliocovas en colaboración co Departamento de orientación, as nosas Recomendacións máis apetecibles!!!! 










 




9/6/26

Henri Matisse en 6° de EI

ÚLTIMO ARTISTA DESTE ANO

O alumnado de 6° E.I coñeceu a Henri Matisse, considerado, xunto con Picasso,  grande artista do s XX. Aprenderon que na última etapa da súa vida por mor dunha enfermidade, non podía pintar nin andar e tiña que permanecer por tempadas na cama. Foi ahí onde descubriu o arte das tesoiras.

Traballaron por mesas para elaborar un "collage" dos recortables. Cantas cores e que fermosos quedaron!!!