30/10/09

ASTERIX E OBELIX CUMPREN 50 ANOS




Tod@s coñecedes a estes dous galos chamados Asterix e o seu amigo Obelix.
Pero canto sabedes deles?

22/10/09


A nosa biblioteca únese a unha cadea solidaria que nos chega desde a biblioteca do colexio de Cervo.Trátase de axudar a unha escola de Haití e a iniciativa ven do blog Crea e aprende con Laura, alí explícannos HISTORIA DESTA ESCOLA E DESTE SELO.
NORMAS DO SELO:
1- Pasa este selo a 5 blogs e se queres, resume a información que vai aquí, engade outra ou enlaza este post.
2-Pasa esta información a todos os lugares ou organizacións que creas que poden colaborar co proxecto da escola.
3-Están invitados a colaborar todos aqueles blogs ou personas aos que chegue esta información indirectamente ou a vexan colgada.
4-Aporta o teu pequeno graniño de area, que vai dende colgar e pasar este selo ao que ti queiras. Si queres e podes aportar algunha axuda económica podes facelo nesta conta:
CAIXA 2100 4252 68 2200097687Asunto: escuela
Eu mando este selo ao CEIP DE PAZOS, BIBLIOVALADARES,BIBLIOTECA DO COLE, BIBLIOGALDO E BLOGUELENDO.

14/10/09

XA TEMOS EQUIPO DE COLABORADORAS 09-010



O novo equipo de colaboradoras xa está traballando na biblioteca.Se ve que o de poñer un anuncio deu resultado.
Son 16 nenas entre 5º e 6º ( e xa hai lista de espera).
Todas están moi ilusionadas e poñen moito interés.
Graciñas a todas!!!
Aquí está este estupendo equipo

AS MOCHILAS XA ESTÁN DE VIAXE



As mochilas viaxeiras comezaron a súa viaxe polas casas dos nenos e nenas do colexio.
Joaquín de 5º, Iria de 4º, Carla de 1º e a súa irmá Adela de infantil están así de content@s coas mochilas e van ter ata o luns para ver coas suas familias o material que levan.
Libros en galego, en castelán, libros de poesía e de banda deseñada,libros de consulta,música e películas son os materiais que van dentro... desexamos que disfrutedes con eles todos xuntos.

11/10/09

Resolución do PLAMBE


Como sabedes dende o curso pasado pertencemos ao PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) e para este curso 2009-2010 déronnos a cantidade de 4.000 € para mercar material tanto bibliográfico e audiovisual como mobiliario...
Temos moitas ganas de seguir mellorando a biblioteca e enchela de "amigos"(libros+nen@s).
Dende o equipo da biblioteca...
Graciñas a tod@s as persoas que axudan e colaboran nela.

E PARA SUBIR NOTA...


O cartel das bibliotecas escolares está deseñado por Miguelanxo Prado, un gran debuxante de banda deseñada.
Aquí vai a pregunta...QUE PERSONAXE CREOU PARA A TELEVISIÓN GALEGA E QUE É MOI QUERIDO POLOS NENOS E NENAS?
Se o sabes, leva a resposta á biblioteca do cole ou manda un comentario no blog.