Mostrando entradas con la etiqueta mes da ciencia en galego 2025. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mes da ciencia en galego 2025. Mostrar todas las entradas

24/11/25

Seguimos experimentado en infantil

Experimento con botellas

Presentamos os materiais e explicamos o que imos facer. No fondo da botella poñemos vinagre e no globo bicarbonato.  Antes da mestura establecemos hipóteses en grupo. A continuación, baleiramos o contido do globo na botella e observamos o que sucede. Por último, achegamos conclusións do sucedido,  preguntándonos que foi o que pasou e o porqué, aproximándonos ao concepto de reacción química e fomentando a Competencia STEM.









Experimento volcán.

O proceso é o mesmo que na actividade anterior: explicamos, establecemos hipóteses, mesturamos, observamos, comprobamos e achegamos conclusións.








                             


17/11/25

Experimentamos: Descubrindo mensaxes en infantil

Esta semana no recanto sensorial,os alumnos e alumnas de educación infantil escribiron mensaxes ocultas utilizando unha culler de auga e unha de bicarbonato.

Unha vez escritas, coa axuda dun pincel, desciframos o que poñía mesturando cúrcuma con alcol. Pasámolo moi ben!!!

Este foi o resultado....