28/10/10

MÁIS SAMAÍN


LIM colaborativo atopado en Casa de tol@s.

27/10/10

NADARÍN

Para celebrar o "Día da Biblioteca" un grupo de nen@s de 5º de Primaria puxeron en escena unha adaptación do libro "Nadarín" de Leo Lionni con títeres feitos con cartolina.
Tivo lugar na "Hora de ler" e asistiron todos os nenos e nenas do colexio que disfrutaron moito.


23/10/10

ACTUACIÓN DUN GRUPO DE EX-COLABORADOR@S DA BIBLIOTECA

Para conmemorar o "Día da biblioteca" visitounos un grupo de ex-colaborador@s que traballaron na biblioteca hai dous cursos.
Rocío Carreja,Clara,Sarai,Nuria Lago e Rubén Franco estiveron no colexio o venres pola tarde e fixeron as delicias dos nenos e nenas e tamén dalgún pai e nai que viñeron ver a actuación.
Escenificaron con títeres (feitos por Clara) o libro "Tres desexos".
Graciñas a tod@s!!





22/10/10

XA SAÍRON AS MOCHILAS VIAXEIRAS



O mércores saíron as catro mochilas deste curso. Este ano temos unha mochila para cada ciclo.
Felices lecturas para toda a familia!

14/10/10

O SAMAÍN

Dende o blog da biblioteca do CEIP Víctor Sáenz de Mazaricos chegan esta morea de recursos para celebrar o Samaín. Hai de todo:cancións, videos, xogos, libros...
Vai ser un Samaín... de medo!
Graciñas dende Covas.

OUTUBRO, MES DAS BIBLIOTECAS

"Biblioteca escolar: un mundo de oportunidades"

Seguindo a dinámica iniciada en 2008, a Consellería de Educación difunde un cartel a comezos de outubro (que chegará aos centros nestes días), co fin de lembrar as posibilidades da biblioteca escolar, e apoiar a visibilidade do traballo que o profesorado dos centros vén realizando para facer útiles estes importantes recursos educativos. Manuel Lariño e Miguelanxo Prado puxeran imaxe aos carteis anteriores. Nesta ocasión é Marina Seoane quen aceptou o reto de ilustrar o lema proposto, unha ilustradora nacida en Madrid pero asentada xa hai tempo en Galicia, membro de AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración). Pódese acceder ao seu blogue e coñecer algo máis da súa obra.

A biblioteca escolar, entendida como un espazo educativo pleno de oportunidades para a formación persoal e académica, pleno de posibilidades para a actuación docente; un lugar no que soñar e viaxar, un lugar presencial dende o que achegarse a mundos virtuais. Esa capacidade de estar presente no centro é a que facilita o achegamento de toda a comunidade educativa aos recursos, a que fai posible o encontro entre iguais pero tamén entre persoas distintas. Un lugar para o traballo, para o desenvolvemento desas competencias básicas indispensables para a vida persoal, académica e social. Un espazo, tamén, para a búsqueda e o achádego, para facerse preguntas e atopar respostas.

12/10/10

O USO RESPONSABLE DA AUGA


Desde "Educación sen fronteiras" fannos chegar este fermoso vídeo sobre o uso da auga.

CANTANDO EN GALEGO... NA INDIA



En Pubai-Orissa, nunha zona illada India, existe unha escola financiada por uns 280 veciños de Cangas a través da ONG Shanga. Pagan 6 euros ao mes, abondo para alimentar a un dos 500 cativos hindús no María Soliña de Asia.

Ademais de alimentalos, os nenos reciben toda a formación oficial que marcan as autoridades dese estado. Entre clases non podía faltar a música.

7/10/10

MARIO VARGAS LLOSA RECIBIU O PREMIO NOBEL


O escritor peruano Mario Vargas Llosa dixo sentirse "moi conmovido e entusiasmado" despois de ser galardonado co Premio Nobel de Literatura 2010. "Este Nobel supón un recoñecemento á literatura de lingua española" expresou dende Nueva York onde está dando clases na universidade de Princenton.

3/10/10

EL QUIJOTE está ONLINE


En youtube apareceu o vídeo de presentación no que calquera pode participar na lectura de El Quijote.
Calquera pode subir o seu vídeo a youtube e participar neste proxecto mediante a lectura de algún dos 2419 fragmentos nos que se dividiu a obra de Cervantes.
Tan só tes que entrar en youtube.com/elquijote e facer clic en "participar"