23/12/10

CELEBRAMOS O ÚLTIMO DÍA DO TRIMESTRE

O día 22 celebramos o último día do trimestre recibindo aos Reis Magos na biblioteca e todos os nenos e nenas tiveron un agasallo.
Despois os nen@s de 6º escenificaron unha obra de teatro moi, moi divertida " O conto tolo, tolo, tolo". Todos no colexio disfrutaron desta festa.
Para ver as fotos teredes que esperar un pouquiño.
Ata o ano que ben!

18/12/10

NORABOA AO CEIP DE CERVO

O CEIP de CERVO recibiu o 2º premio do MEC de Boas prácticas de bibliotecas escolares 2010.

Dende o CEIP de Covas dámoslles a nosa noraboa por ese premio e polo gran traballo que fan dende a biblioteca.
Se queres botarlle unha ollada a bibliocervo, preme na imaxe.


10/12/10

RECURSOS PARA O NADAL


A Coordinadora Galega de ENDL vén de poñer á disposición da comunidade educativa unha páxina web dedicada ao Nadal.

1.- Postais elaboradas polo alumnado
Este espazo acolle felicitacións feitas polo alumnado e permite que calquera usuario envíe algúns destes traballos para felicitar o Nadal e o Aninovo a través da rede. O prazo de recepción de postais continuará aberto ata o 17 de decembro (vid. instrucións no documento anexo). Así mesmo, contén modelos de cartas para enviar aos Reis Magos e ao Apalpador.

Enderezo:


2.- Recursos para traballar nas aulas
Escolma de recursos sobre o Nadal elaborados por docentes, institucións e asociacións. Inclúe unidades didácticas, actividades en liña, manualidades, vilancicos, contos, o refraneiro, etc.