Hoxe luns celebramos no colexio o Día da Paz, en primeiro lugar limos unha mensaxe do que significa este día, os nenos e nenas de 2º recitaron un poema e de seguido a ritmo de "waka waka" todos os nenos fixeron un baile con pasos típicos de danzas dos distintos continentes: o 1º ciclo representaron a Europa, 3º a Asia, 4º a Oceanía, 5º a Africa e 6º a América. Os nenos e nenas de infantil bailaron pasos típicos da muiñeira representando a Galicia.
Máis tarde todos cantamos a canción "O progreso" e para rematar o 3º ciclo cantou "We are the world".
31/1/11
22/1/11
ACTIVIDADES PARA TRABALLAR A PAZ
16/1/11
O SOLDADIÑO DE CHUMBO
Trátase dunha adaptación do clásico de Andersen aos novos formatos dixitais levada a cabo por Xabier Senín a partires da multipremiada curtametraxe animada feita por Continental Producciones e Algarabía Animación. Os deseños son de Alfonso Costa, a música de Emilio Aragón e as voces de Manuel Manquiña e Luis Piedrahita.
A ambientación: no museo do xoguete de Allariz.
12/1/11
O CONTO TOLO, TOLO, TOLO...
Os nenos e nenas de 6º representaron un conto un tanto especial, xuntamos a dùas Carapuchiñas que non se levaban moi ben, apareceu Spiderman e a madrastra de Brancaneves que quería darlle a merenda... enfín... un conto moi tolo co que disfrutamos no colexio.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)