25/3/13

DÍAS MUNDIAIS DA ÁRBORE E DA AUGA

Para conmemorar estes días (21 e 22 de marzo) plantamos unha árbore (bidueiro)  no xardín do colexio.
 Os encargados de plantalo foron dous nenos de 1º de Educación Primaria Pablo e Mael, elexidos nun sorteo. Tamén se decidiu poñerlle o nome de COPRI.



Durante a HORA DE LER  reunímonos todos os alumnos/as e profesoras na biblioteca do colexio e limos contos do libro VIAXE POLOS RÍOS E ÁRBORES DOS ANCARES.


DEBUXOS DOS NENOS E NENAS DE 1º SOBRE O DÍA DA ÁRBORE

Debuxos de 1º no Día da árbore on PhotoPeach


Os nenos e nenas de 1º fixeron estes debuxos sobre o Día da árbore.
Prometeron que ían coidar a Copri ata que rematen a primaria no colexio.

7/3/13

SEGUIMOS CONTANDO CO KAMISHIBAI

Os nenos e nenas de 6º siguen contando  historias co Kamishibai.
Estas últimas semanas estiveron nas aulas dos nenos e nenas de 2º, 3º e 5 anos.
Tod@s estiveron moi atentos e interesados nas historias que lles contaban os seus compañeiros/as.






1/3/13

DÍA DE ROSALÍA

Celebramos no colexio o Día de Rosalía recitando e cantando poemas do libro "Cantares Galegos" .
Todos os nenos e nenas dende infantil ata 6ª de primaria traballaron coas profesoras nas poesías que recitaron no acto de conmemoración do Día da nosa autora máis emblemática.
Grazas a tod@s pola vosa colaboración