Os nenos e nenas de Infantil (4 anos) fixeron un obradoiro de zumes.
Elaboraron zumes naturais e probaron os zumes envasados.
Cal lles gustou máis?
30/4/14
29/4/14
LETRAS GALEGAS 2014- XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO
Este ano 2014 adicamos o Día das Letras Galegas a XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, poeta nacido en Guitiriz (Lugo) no ano 1914.
Aquí tes un enlace á páxina da xunta onde atoparás actividades para infantil e primaria, videos, recursos e xogos sobre este poeta.
Preme no nome XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO
26/4/14
DÍA MUNDIAL DO LIBRO
O día 23 de abril celebramos o Día Mundial do libro e dos dereitos de autor cunha escenificación do conto musicado "OS TRES PORQUIÑOS" representado por catro mestras do centro.
Foi un espectáculo moi divertido no que os nenos e nenas estiveron moi atentos a todo o que pasaba na historia.
Tod@s o pasamos xenial.
Foi un espectáculo moi divertido no que os nenos e nenas estiveron moi atentos a todo o que pasaba na historia.
Tod@s o pasamos xenial.
Labels:
contos,
día mundial do libro 2014,
os tres porquiños
19/4/14
11/4/14
GAÑADORES DO CONCURSO DO "DÍA DO LIBRO"
Xa temos os gañadores do concurso do Día do libro infantil sobre HANS CHRISTIAN ANDERSEN.
Lorent, Amanda, Adela, Marco, Dani Dopico, Elena, Ana Mª, Ana López e Beatriz contestaron a todas as preguntas.
Recibiron un pin e un marcapáxinas da biblioteca.
Noraboa!
Noraboa!
VOLUNTARIADO DE LECTURA- VISITA Á ESCOLA DE EDUCACIÓN INFANTIL "SAN ROQUE"
Seguimos coas actividades do proxecto "Voluntariado de lectura".
Esta vez foron os nenos e nenas de 5º de Primaria de visita á ESCOLA DE EDUCACIÓN INFANTIL "SAN ROQUE" en Viveiro.
Alí fixeron unha lectura do conto "Non quero ser un polbo" co Kamishibai que ilustraron os mesmos nenos/as.
Tamén les leron o libro "Bebé bigotes" e por último dramatizaron "A tartaruga que quería durmir" con monicreques feitos por eles.
Realizaron tres sesións para os nenos e nenas de 3,4 e 5 anos, que se portaron moi ben e estiveron moi atentos.
Foi unha experiencia estupenda para todos.
Labels:
contos,
San Roque,
voluntariado de lectura 5º
9/4/14
VOLUNTARIADO DE LECTURA- VISITA Á RESIDENCIA BETANIA
Alí contaron un conto , Claudia recitou un poema sobre o libro e para rematar cantaron e bailaron unha canción acompañados por "libros" utilizados como instrumentos.
8/4/14
OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA DIXITAL
Tivemos a visita de Juan, un membro da asociación fotográfica OS NEGATIVOS da Mariña que impartiu un obradoiro ao que asistiron os nenos e nenas do 3º ciclo.
Juan faloulles sobre o tratamento da luz na fotografía, os puntos de interés, a proporción aúrea... e como fotografiar bodegóns.
Ao remate da charla os nenos e nenas fixéronlle unha morea de preguntas sobre o tema.
Gracias Juan.
Juan faloulles sobre o tratamento da luz na fotografía, os puntos de interés, a proporción aúrea... e como fotografiar bodegóns.
Ao remate da charla os nenos e nenas fixéronlle unha morea de preguntas sobre o tema.
Gracias Juan.
3/4/14
ACTIVIDADES LIM SOBRE A ALIMENTACIÓN
Seguindo co noso proxecto sobre a alimentación, aquí tedes unha serie de actividades sobre a alimentación saudable.
Inclue a pirámide alimenticia, tipos de alimentos... para comer dunha maneira sa e medrar de forma saudable.
Inclue a pirámide alimenticia, tipos de alimentos... para comer dunha maneira sa e medrar de forma saudable.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)