20/12/14
CHEGOU O NADAL AO COLE
Rematou o primeiro trimestre e chega o Nadal. O portal de Belén xa está montado. Os nenos e nenas fixeron unhas bonitas postais de Nadal.
O colexio está adornado pola ANPA esperando a Papá Noel e un rei Mago.
Todos os nenos e nenas reciben un pequeno agasallo porque se portaron moi ben.
Para rematar a festa, os nenos e nenas de 6º cantaron unha canción titulada SUMANDO que fai alusión ao proxecto da biblioteca para o segundo e terceiro trimestres sobre as Matemáticas.
Bo Nadal a tod@s!
18/12/14
MERCADILLO SOLIDARIO EN GERIATROS
O día 17 de decembro tivo lugar na residencia de maiores Geriatros un MERCADILLO SOLIDARIO para recaudar fondos para o BANCO DE ALIMENTOS.
Colaboraron: a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer, Aspanana, Betania e os centros CEP Lois Tobío e o CEIP Plurilingüe de Covas. Todos os traballos eran preciosos e había moita creatividade a precios económicos.
Pero o importante foi colaborar nesta causa para que todo o mundo pase un Bo Nadal.
17/12/14
16/12/14
6/12/14
CHEGA O NADAL
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística pon á nosa dispor todos estes recursos para o Nadal.
Preme na imaxe.
Preme na imaxe.
5/12/14
APRENDER A USAR AS IMAXES
No blog da biblioteca de O LAR DE FRIANCIÑO temos un documento para aprender a usar as imaxes que baixamos da internet. Temos que ter en conta que moitas delas teñen o copyright e non se poden empregar.
Con esta presentación imos telo máis claro.
Graciñas a O Lar de Frianciño por este traballo tan ben feito.
Con esta presentación imos telo máis claro.
Graciñas a O Lar de Frianciño por este traballo tan ben feito.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)