Nesta semana do Libro, estivo Abraham Carreiro no noso colexio. Abraham Carreiro é un ilustrador, diseñador gráfico, debuxante de banda deseñada e autor de libros como "A pel do crocodilo", "Os Barbanzóns", "Xoeliki"...
Ensinou a os nenos e nenas de Infantil e Primaria a inventar historias e debuxar personaxes de banda deseñada e todos fixeron (ou intentaron) crear o seu personaxe.
28/4/15
26/4/15
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO- ACTUACIÓN DO CURSO 4º DE PRIMARIA
A sorpresa déronnola os nenos e nenas de 4º curso que, por grupos, foron polas aulas e representaron unha pequena obra de teatro sobre unha nena tirando un plátano ao chan, un condutor que aparca mal o seu coche e un policía...
Fixéronno moi ben... temos auténticos actores e actrices no colexio!
Fixéronno moi ben... temos auténticos actores e actrices no colexio!
A QUE SABE A LÚA
Kamishibai feito polos nenos e nenas de 6º de Primaria. Adaptaron o conto de Michael Grejniec.
"Había moito tempo que os animais andaban a matinar a que sabía a lúa..."
Se queres ler o texto... vai á biblioteca, séntate cómodamente e disfruta dunha historia moi divertida.
"Había moito tempo que os animais andaban a matinar a que sabía a lúa..."
Se queres ler o texto... vai á biblioteca, séntate cómodamente e disfruta dunha historia moi divertida.
23/4/15
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO
Hoxe conmemoramos o Día Internacional do Libro e no colexio celebrámolo na biblioteca coa actuación dos nenos e nenas de 6º de Primaria que dramatizaron o conto "O casamento do piollo e a pulga" e recitaron co Kamishibai poemas de animais con debuxos elaborados por eles.
Foi todo un éxito e tiveron que repetir a dramatización do conto.
Pero non remata aquí a celebración xa que mañá teremos unha sorpresa.
Foi todo un éxito e tiveron que repetir a dramatización do conto.
Pero non remata aquí a celebración xa que mañá teremos unha sorpresa.
22/4/15
21/4/15
AS NENAS DE 6º VISITAN A CLASE DE 2º
Unhas nenas de 6º deronlles unha sorpresa á clase de 2º porque na hora de ler foron lerlles unha historia.
A historia era "A que sabe a lúa" que leron acompañados de debuxos que elaboraron elas mesmas.
Foi unha sorpresa moi agradable e os nenos e nenas de 2º quedaron encantados coa visita.
20/4/15
TRABALLAMOS NO HORTO ECOLÓXICO DO COLE
Ola:
Tras a chegada da primavera e do bo tempo aquí estamos de novo traballando o noso horto.
Esta vez, despois de preparar un pouco a terra, empezamos por prantar unhas leitugas; logo virán as fresas, as cebolas...
Como podedes ver nas fotos, alegría e ganas non nos faltan.
Isto ten que dar bo froito. Xa o veredes aló polo mes de setembro.

12/4/15
VOLUNTARIADO DE LECTURA
Celebramos o Día do Libro Infantil visitando aos "avós e avoas" residentes do Centro de Maiores Geriatros.
Os nenos e nenas de 6º "voluntarios de lectura" representaron o conto "O casamento da pulga e o piollo", recitaron poemas co Kamishibai e cantaron e bailaron a canción "Sumando" adicada ao monográfico "A biblioteca está chea de números".

Suscribirse a:
Entradas (Atom)