29/5/16

OS SOÑOS DE MANUEL MARÍA

Este é un video da exposición e as actividades dinamizadoras da Microrrede da Mariña que tiveron lugar no teatro Pastor Díaz para conmemorar as Letras Galegas e homenaxear a Manuel María. Agradecemos a todas as familias a súa colaboración tanto na realización dos traballos como na asistencia ás actividades de dinamización.

Música: "Todo me fala de ti" "Canta o cuco"(Uxía e Magín Blanco)


Microrrede da Mariña- Os soños de Manuel María from MisisRoller on Vimeo.

28/5/16

ENTREVISTA A MAGGIE


maggie interview - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
Os nenos e nenas de 6º curso entrevistaron a Maggie, a auxiliar de conversa que estivo este curso no centro.
Para o curso próximo irá para os Estados Unidos porque ten "morriña" e añora a súa familia e amigos. Gustoulle moito coñecer España e Galicia e quere ser profesora (aínda que se poidera elexir un traballo sería cantante dunda banda de rock).
Todos no colexio a botaremos de menos e desexámoslle moita sorte!

Maggie Interview

22/5/16

LETRAS GALEGAS 2016

Celebramos as Letras Galegas con recitados de poemas de Manuel María por parte dos nenos e nenas do colexio e tamén actuou Maggie, a auxiliar de conversa, recitando o poema "Galiza" que foi moi entrañable.
Tivemos a visita sorpresa dalgúns dos maiores residentes de Geriatros que nos cantaron poemas de Manuel María. Despois da actuación os nenos e nenas acercáronse para falar con eles e ademais agasallaron ao centro cunha botelliña de palabras en galego.
Grazas a tod@s por esta estupenda xornada!

20/5/16

XORNAL "O CHARLATÁN DE COVAS" 2016

Xa saiu o último número do xornal escolar "O Charlatán de Covas", este curso o tema central eran os seres fantásticos e o personaxe homenaxeado Manuel María.
Grazas a todos os nenos e nenas por este gran traballo.




O CHARLATÁN DE COVAS PARA DESCARGAR (preme na frecha que tes na parte inferior do documento)

17/5/16

LA LORA LICA- un conto escrito por NOA de 3º curso

La lora Lica é un conto que escribiu Noa, unha nena de 3º curso á que lle gusta ler, escribir e debuxar. Noraboa polo conto e moitas grazas por compartilo con nós!

15/5/16

BANDA ESCOLA DE GAITAS CACHARELA DE COVAS

Como nos gusta a música, a Banda Escola de Gaitas Cacharela de Covas estivo no colexio. Rodrigo, o director, ensinounos os diferentes instrumentos típicos da banda: a gaita, o tamboril, o bombo, as cunchas e a pandereta. Rodrigo veu acompañado de tres compoñentes da banda e ex-alumnos do colexio (Héctor, David e Antón). Tocaron pezas populares e foi un verdadeiro placer que estiveran con nós. Grazas!

11/5/16

BUSCANDO A CERVANTES


busca tesouro cervantes - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Para conmemorar o Mes dos Libros organizamos unha busca do tesouro sobre Cervantes.Os nenos e nenas de 5º e 6º foron quen de resolver as preguntas sobre a vida e obra de Cervantes na biblioteca.
Previamente tiveron que apuntarse e investigar sobre o escritor.
As probas consistiron en preguntas de busca pola biblioteca, liña do tempo, mapas, consulta na CDU, escribir obras de Cervantes, buscar libros sobre as obras do escritor...
Os grupos que lograron resolver todas as preguntas correctamente e en menos tempo foron os gañadores.
Estas fotos son dos alumnos/as de 6º curso de primaria e que tiveron a sorpresa de Luke, o noso auxiliar de conversa durante o curso 2012-2013 que estivo no colexio con motivo da súa visita a Viveiro.