Durante dúas semanas estivemos traballando coa Asociación ASPANANE (Asociación de Padres de Niños y Adolescentes con Necesidades Especiales ) de Viveiro sobre o programa EU=QUE TI.
Dúas sicólogas axudadas polo alumnado da Asociación estiveron nas aulas de Infantil e Primaria traballando: as cualidades persoais, emocións e sentimentos, resolución de conflitos, actividades de sensibilizacion respecto á diversidade e visionaron unha curtametraxe para a reflexión sobre a discapacidade.
Foron unhas sesións moi interesantes nas que o alumnado do centro aprendeu e reflexionou sobre a diversidade e a discapacidade con diversas actividades como a linguaxe no sistema Braille.
Grazas á ASPANANE por este programa que ten como obxectivo achegar o coñecemento da discapacidade á comunidade escolar.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario