29/11/17
25 DE NOVEMBRO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Conmemoramos este día cunha actividade sobre a igualdade de xénero á hora de elexir o que nos gustaría ser de maiores coa frase "Eu quero ser..."
Tamén recibimos a Maleta da igualdade cunha morea de libros sobre a igualdade, non discriminación, loita contra os estereotipos...
Día contra a violencia de xénero from Bibliocovas on Vimeo.
Labels:
dia contra violencia de xénero,
igualdade
24/11/17
X EQUIPO DE COLABORADORES/AS DA BIBLIOTECA
O X Equipo de colaboradores/as da biblioteca xa está en marcha e xa van dez anos dende que se formou o primeiro cos nenos e nenas de 6º de primaria. Estamos moi orgullosos de contar coa colaboración destes nenos e nenas que de forma desinteresada axudan á organización e dinamización da biblioteca escolar.
Fan de monitores/as das actividades que se realizan no centro, participan en obras de teatro, contan contos aos nenos e nenas, pintan, decoran...
Dende aquí queremos agradecer aos alumnos e alumnas que durante dez anos colaboraron coa nosa biblioteca.
X EQUIPO DE COLABORADORES/AS DA BIBLIOTECA from Bibliocovas on Vimeo.
Labels:
biblioteca,
colaboración,
X equipo de colaboradores
20/11/17
MAGOSTO, DÍA DO PEÓN E XOGOS POPULARES
Magosto.Dia do peón.Xogos populares from Bibliocovas on Vimeo.
Canción "Vive o Magosto" composta por José Manuel López Cabana
O día 13 de novembro celebramos o Magosto e o Día do Peón (exposición de peóns decorados). Como en anos anteriores os nenos/as trouxeron unha presa de castañas que nos asaron na panadería da localidade (Panadería Covas). Tamén degustamos unhas castañas asadas á maneira tradicional pola nosa conserxe. Previamente os nenos e nenas fixeran uns contenedores para meter as castañas con materiais de refugallo (envases de leite).
Canto nos souperon!
Cando as rematamos, todos xuntos bailamos a canción Vive o Magosto e disfrutamos de XOGOS POPULARES por estacións (corda, goma, zancos, rá, chapas, mariola, peón, chave, guialo aro...). Agradecemos a axuda dos nenos e nenas de 6º de primaria que contribuiron a que a actividade fora un éxito repartindo as castañas, axudando aos máis pequeniños a pelalas e exercendo de monitores nos xogos ensinando aos demais como xogar e coidando de que todos o pasaran ben.

5/11/17
HALLOWEEN E SAMAÍN
O día 31 de outubro celebramos Halloween e Samaín, relacionadas coa festividade dos defuntos e según a tradición do Samaín coa colleita e o outono. No centro mesturamos as dúas celebracións e como resultado fixemos unha exposición de cabazas, pantasmas, morcegos... feitos polos nenos e nenas aos que lles pedimos que escribiran unha palabra ou frase con "OS NOSOS MEDOS".
Polo patio apareceron dúas bruxas (Mandarina e Berenxena) que axudaron a que todos os nenos e nenas do cole queimaran os seus medos nun gran caldeiro.
Para rematar a festa os nenos/as e mestres con disfraces terroríficos bailamos a canción This is Halloween.
HALLOWEEN-SAMAÍN 2017 from Bibliocovas on Vimeo.
HALLOWEEN-SAMAÍN 2017 from Bibliocovas on Vimeo.
HALLOWEEN-SAMAÍN 2017 from Bibliocovas on Vimeo.
Canción "No Samaín" de Brinca Vai!
Labels:
halloween 2017,
os nosos medos,
this is halloween
2/11/17
DIA DA BIBLIOTECA
O 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca. Este día presentamos a todos os nenos, nenas e profesorado a nosa mascota "real", Lolo.
Lolo apareceu no escenario e todos os alumnos/as déronlle a benvida. Tamén saiu con Brais o neno que o creou cando estaba en 1º de Educación Primaria (agora está en 5ª).
Lolo agradeceu o esforzo dos nenos e nenas polos traballos presentados na actividade "Que é para ti ler?" e presentou o conto que dramatizaron profesores/as do colexio "Corre, corre cabaciña".
Pasamos un día estupendo!

Que é para ti ler? from Bibliocovas on Vimeo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)