28/3/18

DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA

 Para conmemorar este día os nenos e nenas de 1º prantaron un salgueiro no xardín do centro.
Puxéronlle de nome Cuqui e prometeron que o ían coidar mentres estiveran no colexio.
Ademais todo o alumnado recibiu un libro de agasallo. Os de infantil, 1º e 2º levaron "A auga, o dragón e o salgueiro" e os de 3º,4º,5º e 6º "A invención do salgueiro" doados pola Diputación de Lugo.




DIPLOMAS E AGASALLOS PARA OS GAÑADORES DOS ENIGMAS

Rematamos este trimestre coa relación das clases gañadoras dos enigmas.
Os gañadores foron os nenos e nenas de 6º que resolveron prácticamente todos seguidos moi de cerca polos nenos e nenas de 1º de primaria e de 5 anos.
As fotos das clases gañadoras están na entrada da biblioteca. Ademais todas as clases que participaron recibiron un Diploma e ademais os gañadores uns marcapáxinas coa foto da clase.

Tamén fixemos unha homenaxe ao científico Stephen Hawking.











13/3/18

VIDEO DA OBRA DE TEATRO DOS NENOS E NENAS DE 6º

Que libro de libros! (parte 1) from MisisRoller on Vimeo.



Que lio de libros! (parte 2)
Os nenos e nenas de 6º que forman parte do Equipo de Colaborador@s da biblioteca representaron ante as súas familias a obra de teatro Que lío de libros! relacionado coa biblioteca e formación de usarios.
Estiveron moi nerviosos xa que actuaban ante un público moi especial pero fixéronno moi ben.
Noraboa!

9/3/18

SEMANA DA PRENSA- IVÁN E LARA

Na Semana da Prensa tivemos a visita dun antigo alumno do colexio, Iván Díaz Rolle que rematou os estudos de Xornalismo en Valladolid.
Iván fíxo unha pequena introdución ao papel do xornalista, como busca as novas, a que fontes recurre, as 5 W, e despois centrou a súa charla na Rolda de Prensa.
Como Iván traballou nun xornal como xornalista deportivo  deunos unha grata sorpresa... a visita de Lara Balseiro, xogadora de fútbol sala feminino no equipo do Burela FS.
Con ela practicamos a rolda de prensa e os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria fixéronlle unha morea de preguntas sobre a súa carreira deportiva, entrenamentos, compañeiras, equipos, proxectos de futuro...
Tendo en conta que foi tamén o Día da Muller Traballadora Lara falou do papel da muller nun deporte típicamente masculino.

6/3/18

ENIGMA DA LETRA T

Esta semana tedes que recortar as figuras e formar unha letra T.
Ánimo!!

3/3/18

MARTIN HUTCHINSON, O CAMIÑANTE VERDE ESTIVO NO COLEXIO

Martin Hutchinson, un nativo de Manchester (Reino Unido) de 56 años, estivo no noso colexio. En Gran Bretaña traballou como bombeiro e despois comezou a viaxar por todo o mundo, primeiro a pé e despois en bicicleta para loitar polo medio ambiente. O seu obxectivo e informar e concienciar a toda xente sobre a importancia de protexer e coidar a natureza. No colexio amosou imaxes e videos do seu traballo, recollendo o lixo que tiramos ao mar e que aparece nas praias. Os animais marinos morren por asfixia polos plásticos, os vertidos industriais, o lixo... Leva percorridos uns 34.000 kilómetros por todo o mundo acompañado do seu can Starsky. Os nenos de 5º e 6º estiveron moi atentos a todas as súas explicacións e fixeron unha morea de preguntas.

1/3/18

OUTRO ENIGMA

Lolo xa ten preparado o enigma seguinte e tamén o mini-enigma para infantil. A ver si es quen de acertalo... Os nenos e nenas de 3º están a intentalo.