O Equipo de Colaboradores/as da Biblioteca fixo este video para ensinarnos as diferentes zonas dela.
Este é o primeiro video dentro da actividade de Formación de Usuarios que desenvolvemos durante o primeiro trimestre.
Coñecemos a biblioteca from María Rolle on Vimeo.
29/10/18
27/10/18
DÍA DA BIBLIOTECA, REPRESENTACIÓN DO CONTO MARILUZ AVESTRUZ
O Día da Biblioteca un grupo de profesores/as do centro representamos o conto Mariluz avestruz.
Unha historia na que a colaboración dos animais é fundamental para axudar a Mariluz e a súa imprudencia.
Os nenos e nenas estiveron moi atentos ao que acontecía no escenario e gustoulles moito.
Que mellor maneira de conmemorar este día que facendo teatro na biblioteca?
Aquí están as fotos.
Unha historia na que a colaboración dos animais é fundamental para axudar a Mariluz e a súa imprudencia.
Os nenos e nenas estiveron moi atentos ao que acontecía no escenario e gustoulles moito.
Que mellor maneira de conmemorar este día que facendo teatro na biblioteca?
Aquí están as fotos.
Labels:
contos,
día da biblioteca,
Mariluz avestruz,
teatro
22/10/18
PILLADO EN LA BIBLIO
El Observatorio de la Lectura y el Libro lanza la campaña ‘Pillado en la Biblio’ para celebrar el Día de la Biblioteca
Para máis información, PREME AQUÍ
SEMANA GLOBAL AMI 2018
As bibliotecas escolares teñen un papel fundamental á hora de apoiar a profesorado e alumnado neste cometido, ofrecendo materiais de apoio, recursos, tempos e espazos; pero tamén retos que guíen e estimulen a incorporación destes contidos nas diversas materias. Unha das estratexías de maior alcance é a creación do laboratorio de radio vinculado á biblioteca escolar, tal e como están facendo, entre outros, os centros integrados no programa RADIO NA BIBLIO, pero hai moitas outras posibilidades. A apertura do modelo de biblioteca cara un "centro creativo das aprendizaxes", con novos espazos e equipamentos, como por exemplo o recuncho de produción audiovisual, contribúe a mellorar as oportunidades para este achegamento e empoderamento do alumnado como produtor de pezas audiovisuais, como xerador de contidos audiovisuais. Son só dous exemplos aos que poden unirse outras iniciativas, analóxicas ou virtuais, como o traballo coa publicidade ou cos textos xornalísticos.
Desde a Asesoría de bibliotecas escolares elaborouse un pequeno documento que pode descargarse neste espazo e que inclúe ligazóns a informacións diversas e recursos de apoio. Recolle algunhas das recomendacións da UNESCO para a celebración desta "semana AMI" pero ben poden levarse a cabo ao longo do curso escolar.
- DOCUMENTO DESCARGABLE: SEMANA DA ALFABETIZACIÓN MEDIÁTICA E INFORMACIONAL 2018
- PROPOSTA DA UNESCO- 2018
12/10/18
AS MOCHILAS XA ESTÁN NAS VOSAS CASAS
Xa saíron as Mochilas Viaxeiras para a casa de Iago, María, Sara, David e José Luis.
Foron buscalas á biblioteca e fixemos estas fotos con elas, todos intrigados polo contido das mochilas.
Esperamos que vos gusten todos os materiais que incluimos nelas.
Disfrutade coa lectura en familia!
Labels:
biblioteca,
lectura,
mochilas viaxeiras18
Suscribirse a:
Entradas (Atom)